Inicio curso 20/21

Como sabedes, retrasouse o inicio deste curso 2020-21 polos cambios de última hora nas instrucións remitidas aos centros.


O pasado 31 de agosto, solicitábaselles aos equipos directivos dos centros educativos de Galicia a elaboración dun protocolo de adaptación á pandemia provocada pola Covid-19 que contemplaba, entre outras cuestións, o ensino presencial e o establecemento dunha distancia de seguridade nas aulas de 1,5 metros entre o alumnado. Con estas premisas, no IES Cacheiras estableceron 32 grupos cun tope de 20 ou 24 alumnos, segundo o tamaño da aula, e solicitaron un incremento de 6 profesores para poder atender eses novos grupos. Ata antonte mesmo, e despois dos cambios na cúpula directiva da consellería de Educación e dunha serie de rumores que falaban da posibilidade de introducir novos cambios nas instrucións, non se confirmou a contratación do profesorado necesario para atender eses novos grupos.


Con isto, garántese que todo o alumnado do centro poida ter un ensino presencial no noso instituto e que se mantén o mesmo horario que o curso pasado.


Agora o centro está a traballar no programa de acollida do alumnado, que establece unha incorporación paulatina ás aulas para coñecer e adaptarse ás novas medidas de seguridade e mobilidade. En canto estea pechado informarán na web do centro, para que cada curso saiba a data de comezo que lle corresponde.


Saúdos da Xunta Directiva

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s