Banco de libros: setembro 2020

Estimadas familias:

Tal e como vos viñemos informando, as circunstancias excepcionais derivadas da COVID- 19 leváronnos a modificar os trámites relacionados co servizo de banco de libros que xestiona a ANPA. Ao longo da vindeira semana estableceremos uns turnos para a entrega dos libros deste curso.
Montaremos dúas aulas para a recollida de material mirando de que non se xunte moita xente e imos tamén establecer uns turnos por apelido de socio/a da ANPA. É importante respectar estes turnos para que non se acumule máis xente da recomendada e pola mesma razón, pregamos que veña só unha persoa por familia.

Po​de recollervos o material calquera outra persoa no voso nome​ e, no caso de terdes fillos en distintos cursos, poderedes recoller os libros dunha soa vez.

Lembrámosvos a obrigatoriedade de cumprir catro recomendacións básicas: evitar aglomeracións, desinfectar as mans antes de entrar (haberá xeles na entrada), gardar a distancia de seguridade e uso da máscara.

Calendario de recollida

Martes 8 de setembro:​ entrega dos libros para o alumnado de 3º da ESO, 1º da ESO e 1º Bacharelato.

Alumnado de 3º da ESO:

  • 16.15-16.45 3º ESO: Desde Asorey Casanova ata Caeiro Lafuente
  • 16.45-17.15 3º ESO: Desde Cao Suárez ata ​De la Fuente Martínez. 
  • 17.15-17.45 3º ESO: Desde Dopazo Maza ata Filloy Lorenzo
  • 17.45-18.15 3º ESO: Desde Fraga Castro ata Iglesias Rodríguez
  • 18.15-19.00 3º ESO: Desde Iglesias Vilar ata Méndez Castelao
  • 19.00-19.30 3º ESO: Desde Montero Fieiro ata Queiro Lorenzo
  • 19.30-20.00 3º ESO: Desde Regueiro Cebey ata Ventura Blanco

Alumnado de 1º da ESO:

  • 16.45-17.15 1º ESO: Desde Andrade Suárez ata Ferrer Ozores
  • 17.15-17.45 1º ESO: Desde F​igueiro Pérez ata Montero Fieiro
  • 17.45-18.15 1º ESO: Desde R​amallo Pita e ata Varela Ceide

Alumnado de 1º de Bacharelato

  • 18.15-18.45 1º BAC: Desde Cambón Grille a Failde Iglesias
  • 18.45-19.15 1º BAC: Desde Filloy Lorenzo a Leal López
  • 19.15-19.45 1º BAC: Desde Liñares Bello ata Pérez Salaño
  • 19.45-20.15 1º BAC: Desde Rodríguez Deibe a Villán Seoane

Mércores 9 de setembro:​ entrega dos libros para o alumnado de 2º da ESO, 4º da ESO e 2º de Bacharelato.

Alumnado de 2º da ESO​:

  • 16.15-16.45 2º ESO: Desde Albarello Romero ata Domínguez García
  • 16.45-17.15 2º ESO: Desde Fernández Cameán ata Iglesias Riádegos
  • 17.15-17.45 2º ESO: Desde Iglesias Villar ata Mazas Mosquera
  • 17.45-18.15 2º ESO: Desde Mirás Turnes ata Ruiz Suanzes
  • 18.15- 18.45 2º ESO: Desde Santos García ata Vázquez Otero

Alumnado de 4º da ESO:

  • 16.45-17.15 4º ESO: De Abeledo Piñeiro ata Buján Mirás
  • 17.15-17.45 4º ESO: De Cao Suárez ata Gómez Cacho
  • 17.45-18.15 4º ESO: De Lamas Campos ata Rodríguez García
  • 18.15-18.45 4º ESO: De Ruiz Suanzes ata Vázquez Duarte

Alumnado de 2º de Bacharelato

  • 18.45-19.15 2º BAC: Desde Arias Palomares ata Franqueira Brea
  • 19.15-19.45 2º BAC: Desde Gómez Cacho ata Rodríguez García
  • 19.45-20.15 2º BAC: Desde Santos Gómez ata Vicente Álvarez

Aclaracións: Dividiremos o reparto dos libros en dúas aulas. As familias terán que agardar fóra do edificio para ir entrado de unha en unha, en dúas filas diferentes, segundo as aulas. Pedímosvos paciencia e comprensión, pensade que son centos de libros, que é un traballo lioso e queremos facelo ben e sobre todo que respetemos as medidas de distanciamento para evitar aglomeracións.

Saúdos da xunta directiva.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s