Inicio do curso 2020-2021

Desde a Xunta directiva queremos darvos a benvida a un curso escolar especial e facer balance dos atrancos que tivemos que sortear para que todo o alumnado puidese empezar esta semana as clases.

Despois de que o curso pasado se vise interrompido pola pandemia da Covid-19 os nosos esforzos foron destinados cara acadar dous obxectivos básicos: un ensino seguro e presencial, rexeitando alternativas encamiñadas a reducir as distancias de seguridade e apostar pola solicitude de máis profesorado para o desdobre de grupos

Coidamos que no noso centro non hai alternativas viables ao ensino presencial que garantan a igualdade de oportunidades para todo o alumnado (por problemas de conexión, disponibilidade de equipos…) e así lle-lo fixemos saber ao equipo directivo. Tamén revisamos o protocolo de adaptación á nova normalidade educativa elaborado polo centro, solicitando aclaracións e suxerindo modificacións que garantan o cumprimento de tódalas medidas de seguridade e que os nosos fillos e fillas poidan asistir ás clases con tranquilidade. Ao tempo, insistimos na necesidade de que se establezan o máis axiña posible as dinámicas de traballo necesarias para manter unha ensinanza on-line. Debemos estar preparados para que se algún grupo/s non pode asistir presencialmente poida seguir as clases con normalidade desde a casa. 

Nos últimos días tamén tivemos que lidiar co problema de saturación das liñas de transporte escolar. Foi difícil, pero grazas ao esforzo conxunto co concello e a dirección do centro conseguiuse que teña praza todo o alumnado que solicitou o servizo. 

Con todo, hai que ser conscientes de que este vai ser un curso difícil e que imos ter que enfrontarnos aos atrancos que poidan xurdir pola posibilidade de contaxios. Aínda que os protocolos son exhaustivos e están deseñados para minimizar o risco, é responsabilidade nosa, como pais, velar polo cumprimento de tódalas medidas para evitar o espallamento da pandemia entre o alumnado do centro. Debemos concienciar aos nosos fillos e fillas da importancia de extremar as precaucións. E ter presente que as primeiras medidas de seguridade tómanse na casa, levando un control sanitario rigoroso e evitando que unha alumna ou alumno enfermo vaia ao centro. 

Neste punto, cómpre lembrar que no caso de que haxa que recurrir a un ensino telemático hai acordadas medidas para seguir avanzando nas materias e o compromiso por parte da dirección do centro de que o alumnado que teña que quedar na casa non vai quedar desatendido.      

Saúdos, xunta directiva

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s