AVISO IMPORTANTE

Bos días!!

Onte mandei un correo ós socios de primeiro e segundo de Eso para que se acerquen mañán de cinco e media a sete e media a recoller os libros de lectura…por se Clara , Rosa e Johana queren poñer algo no facebook e na pax web e en instagram e twiter

AVISO IMPORTANTE!!

🆕O vindeiro mércores 2️⃣2️⃣ de xuño, recolleremos os libros de texto prestados para este curso que agora remata.

👉Por favor, acudide ao instituto entre as 17 e as 20 horas. Se alguén non pode ir, intentade falar con algún outro socio que saibades vai acudir para que os entregue.

Aínda que o seu uso é cada anos menor, son aínda moitos os nenos que o precisan para determinadas materias ou como material de consulta.

🔜Posteriormente mandaremos un correo electrónico co enlace para que poidades participar no Banco de Libros do curso 2022-2023.

Obradoiro de poesía

O alumnado de 3° da ESO asistiu a un obradoiro de poesía a cargo da poeta e escritora Yolanda Castaño.

Esta actividade foi proposta polo instituto e sufragada con cartos da Anpa grazas á subvención da Deputación da Coruña.

✅ Agardamos que a rapazada aprendera e desfrutara moito!

@anpaiescacheiras

Obradoiro de narración oral

Un ano mais o alumnado de 1º de ESO puido desfrutar do xa tradicional obradoiro de narración oral con Paula Carballeira.

Esta actividade foi financiada pola Anpa grazas á subvención da Deputación da Coruña

Foto:Ies-Instituto de Educación Secundaria de Cacheiras

Convocatoria asemblea xeral 7/3/22

O vindeiro luns 7 de Marzo teremos a asemblea xeral ordinaria de soci@s da  ANPA no salón de actos do IES de Cacheiras, ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 horas en segunda convocatoria,  prevéndose a constitución da asemblea na segunda convocatoria, coa seguinte

Orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
  2. Presentación da nova directiva.
  3. Estado e aprobación, se procede, de contas.
  4. Orzamento, programación xeral e establecemento da cota da
    asociación para o curso 2022-2023.
  5. Informe da presidenta sobre actividades feitas no 2021 e
    pendentes para 2022.
  6. Problemática co transporte escolar no IES e a UTE Seoane-
    Monbus.
  7. Suxestións e preguntas.

O novo horario do IES de Cacheiras será de 8:30 h. a 15:00 h. luns e martes, e de 8:30 h. a 14:10 h., mércores xoves e venres. A información xa aparece na web do instituto: www.eduxunta.gal/centros/iescacheiras/

O novo horario

Repesca entrega lotes banco libros

Onte repartimos os lotes do banco de libros entre as persoas asociadas á ANPA. Quedou algunha xente sen vir recollelos. Esas persoas aínda teñen opción de vir por eles o vindeiro luns día 13 de setembro: ese día volveremos estar no instituto entre as 17h e as 18h.

Entrega banco de libros setembro 2021

O vindeiro mércores 8 de setembro entregaremos a tod@s @s soci@s que o solicitastes os libros do Banco de Libros para o curso 2021-2022.

O horario para recollelos será entre as 17 e as 20 horas.

Como sabedes, repartiremos os libros que teñamos entre as solicitudes recibidas. Comprometémonos a que tod@s @s soci@s reciban, polo menos, un libro de texto por fill@.

Pregámosvos paciencia: son moitos libros, é un traballo lioso e queremos facelo ben.

Respectemos o distanciamento e acudide tod@s con máscara.

Listado de libros de texto curso 21/22

Xa están colgados na web do instituto os listados de libros de texto que se utilizarán no vindeiro curso: http://www.edu.xunta.gal/centros/iescacheiras/node/983

En breve enviaremos ás socias o formulario de solicitudes do banco de libros.

Por outra banda, este ano E-Dixgal quedará implantada en toda a ESO, posto que este ano se incorpora 4º: http://www.edu.xunta.gal/centros/iescacheiras/node/837

Asociarse á ANPA

Con máis de 150 familias asociadas, a Asociación de nais e pais San Simón do IES de Cacheiras colabora na vida do devandito centro educativo organizando ou colaborando coa dirección e o profesorado na realización de actividades complementarias (obras de teatro, actuacións musicais, festivais, viaxes…). Entre os nosos logros podemos destacar que, traballando en conxunto coa dirección e co concello, temos conseguido regularizar o transporte (axustando os horarios e conseguindo a gratuidade para o alumnado de bacharelato), a entrada no proxecto E-dixgal, a ampliación da biblioteca e a posta en marcha dun servizo de custodia os martes ao mediodía. 

Como podedes asociarvos?  

1. Pagando o importe da cota: 15 euros por familia e curso

Nº conta ES66 2080 0719 0730 4000 0305 de Abanca. 

No concepto poñede o voso nome, o dos/as nenos/as e o curso 

2. Enviando un correo electrónico ao noso enderezo anpaiescacheiras@gmail.com indicándonos os vosos datos (nome do alumno/a, da nai e do pai, no de teléfono e correos de contacto), o curso que van estudar e o resgardo de pagamento. 

Banco de libros da ANPA do IES de Cacheiras

A Anpa do IES de Cacheiras ten activado desde hai varios anos un banco de libros do que poden beneficiarse tódalas familias asociadas. Trátase dun servizo colaborativo, as familias que poden doan os libros que xa non precisan e a cambio levan outros usados.

O alumnado de 1º,2º,3º e 4º da ESO entrará no proxecto E-Dixgal, polo que traballará con materiais dixitais na maioría das asignaturas. Con todo, en anos anteriores precisaron algúns libros de texto, así é que, se para o vindeiro curso precisasen algún libro de texto ou de lectura, estes son os requisitos para participar no banco dos libros.  

  1. Ser socio/a da Anpa do IES de Cacheiras (no caso das familias novas no centro teñen de prazo ata o día 7 de xullo). 
  2. Devolver cuberto o formulario de solicitude de libros. Este formulario enviaráselles por correo electrónico a tódolos socios no mes de xullo e tamén se lles informará da data tope de entrega do mesmo.  
  3. A través do correo electrónico tamén se lles informará da data de na que entregaremos os libros; previsiblemente a comezos de setembro. Aínda que ata de agora o reparto do libros para 1º da ESO se facía a finais de xuño, desta vez, por mor das medidas de seguridade que cómpre tomar por mor da COVID-19, cómpre aprazalo ata setembro. 

Poderedes consultar a listaxe dos libros de texto e de lectura que nos proporcione a dirección do centro na bitácora da Anpa e calquera data que afecte a recollida de libros (https://anpaiescacheiras.wordpress.com) e na páxina do Instituto (http://www.edu.xunta.gal/centros/iescacheiras/) 

Saúdos, a xunta directiva