¿Que vai pasar coa ANPA?

¿VAI PODER SEGUIR FUNCIONANDO?

Este luns 10 de maio de 2021 vai celebrarse a asemblea xeral anual. Un dos puntos a tratar é a renovación da xunta directiva e por iso é preciso a presenza de todas as familias que conforman a comunidade educativa do IES de Cacheiras.

O curso está a piques de rematar e en breve haberá que poñer en marcha o Banco de libros. Consideramos que é un servizo fundamental, do que se benefician moitas familias, pero vai ser dificil mantelo se non contamos con máis axuda.

É urxente facer a renovación da xunta directiva e que entren novos socios e socias para poder asegurar a continuidade da ANPA. Polo tanto, agardamos a vosa presenza este luns no salón de actos do IES de Cacheiras para falar do futuro da asociación.

A asemblea será ás 19.00h. en primeira convocatoria e ás 19.30h. en segunda, prevéndose a constitución da asemblea na segunda convocatoria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s