Calendario banco de libros xuño 2021

Estimadas familias:

Xa se achega o final do curso e toca, como cada ano, informarvos sobre o calendario do servizo de banco de libros que xestiona a ANPA. Cómpre ser consecuentes coa situación que estamos a vivir e por iso decidimos programar a devolución de libros de xeito escalonado. 

A devolución dos libros usados este curso farase ao longo da vindeira semana coincidindo parcialmente coas datas establecidas polo IES para tentar que fagades os mínimos desprazamentos posibles e evitar aglomeracións.

En canto á entrega dos materiais para o ano que vén, desta vez esperariamos a comezos de setembro. En calquera caso, a nosa idea é, sempre que a situación o permita, preparar os lotes ao longo do mes de xullo e informar ás familias, vía correo electrónico dos libros que lles corresponden.

Xoves 24 de xuño de 2021

Alumnado de 3º e de 4º da ESO: o centro xa asignou a este alumnado unhas quendas para devolver os libros emprestados polo banco de libros da Xunta desde as 16:30 ás 19:15. Aproveitaremos as mesmas quendas para que poidades devolver os libros da ANPA do curso que acaba de rematar. Así que, ou ben as familias, ou ben o alumnado, poden pasar polas aulas que indiquemos para devolver o material da ANPA. Se vos resulta imposible acercarvos a devolver os libros á hora que vos corresponde podedes vir a outra, pero é importante que na medida do posible tratemos de respectar as quendas para que non se acumule máis xente da recomendada.

Alumnado de 3º da ESO:

  • 16.30: 3º ESO A
  • 17.00: 3º ESO B
  • 17.30: 3º ESO C
  • 18.00: 3º ESO D
  • 18.30: 3º ESO E
  • 19.00: 3º ESO F

Alumnado de 4º da ESO:

  • 16.45: 4º ESO A
  • 17.15: 4º ESO B
  • 17.45: 4º ESO C
  • 18.15: 4º ESO D
  • 18.45: 4º ESO E
  • 19.15: 4º ESO F

Venres 25 de xuño:

Alumnado de 1º e 2º da ESO e 1º e 2º de BAC: Establecemos as seguintes quendas:

Alumnado de 1º da ESO:

  • 16.30: 1º ESO A
  • 17.00: 1º ESO B
  • 17.30: 1º ESO C
  • 18.00: 1º ESO D
  • 18.30: 1º ESO E
  • 19.00: 1º ESO F

Alumnado de 2º da ESO:

  • 16.45: 2º ESO A
  • 17.15: 2º ESO B
  • 17.45: 2º ESO C
  • 18.15: 2º ESO D
  • 18.45: 2º ESO E
  • 19.15: 2º ESO F

Alumnado de 1º BAC:

  • 16.30: 1º BAC A
  • 17.10: 1º BAC B
  • 17.50: 1º BAC C
  • 18.30: 1º BAC D

Alumnado de 2º BAC:

  • 16.45: 2º BAC A
  • 17.25: 2º BAC B
  • 18.05: 2º BAC C
  • 18.45: 2º BAC D

SOLICITUDE DE LIBROS PARA O CURSO 2021-22:

Antes de fin de mes enviarémosvos por correo o formulario de petición de libros para o curso 2021-22. Teredes de prazo para solicitalos ata o 11 de xullo. A entrega farémola no mes de setembro, con todo, trataremos de avisarvos en xullo dos libros que se vos asignaron para que poidades conseguir o resto pola vosa conta. Aclaracións:

  • O próximo curso non cambian os libros polo que serven os que se están usando agora.
  • Como sabedes, repartiremos os libros que teñamos entre as solicitudes recibidas: cantos máis libros teñamos, máis podemos repartir para o próximo curso. Hai cursos nos que vai haber máis fondos que noutros.
  • Pode devolver e recoller os libros outra persoa no voso nome se vós non podedes.
  • As familias con fillos no instituto que non se asociaran ata agora non van recibir libros, xa que aínda que non se poidan repartir ata setembro, os lotes organizarémolos antes.
  • Tede paciencia: son moitos libros, é un traballo lioso e queremos facelo ben
  • Respectemos o distanciamento e as quendas para evitar aglomeracións.

2 respostas a “Calendario banco de libros xuño 2021

  1. Hola, os que incian curso este ano como o podemos xestionar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s