Importante: novo sitio web

Este sitio web foi substituido polo dominio anpaiescacheiras.gal.

Para información actualizada relativa a ANPA do IES de Cacheiras, por favor, diríxete a ese enderezo web. Este sitio web no que estás agora mesmo permanecerá activo durante o tempo que trasladamos os contidos antigos ao sitio web novo. Unha vez completada esta tarefa, este sitio web será desactivado.

Un saúdo.
ANPA IES de Cacheiras

Imaxe

Charlas para a regulación emocional

AVISO IMPORTANTE!!

🆕O vindeiro mércores 2️⃣2️⃣ de xuño, recolleremos os libros de texto prestados para este curso que agora remata.

👉Por favor, acudide ao instituto entre as 17 e as 20 horas. Se alguén non pode ir, intentade falar con algún outro socio que saibades vai acudir para que os entregue.

Aínda que o seu uso é cada anos menor, son aínda moitos os nenos que o precisan para determinadas materias ou como material de consulta.

🔜Posteriormente mandaremos un correo electrónico co enlace para que poidades participar no Banco de Libros do curso 2022-2023.

Obradoiro de poesía

O alumnado de 3° da ESO asistiu a un obradoiro de poesía a cargo da poeta e escritora Yolanda Castaño.

Esta actividade foi proposta polo instituto e sufragada con cartos da Anpa grazas á subvención da Deputación da Coruña.

✅ Agardamos que a rapazada aprendera e desfrutara moito!

@anpaiescacheiras

Obradoiro de narración oral

Un ano mais o alumnado de 1º de ESO puido desfrutar do xa tradicional obradoiro de narración oral con Paula Carballeira.

Esta actividade foi financiada pola Anpa grazas á subvención da Deputación da Coruña

Foto:Ies-Instituto de Educación Secundaria de Cacheiras

Convocatoria asemblea xeral 7/3/22

O vindeiro luns 7 de Marzo teremos a asemblea xeral ordinaria de soci@s da  ANPA no salón de actos do IES de Cacheiras, ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 horas en segunda convocatoria,  prevéndose a constitución da asemblea na segunda convocatoria, coa seguinte

Orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
  2. Presentación da nova directiva.
  3. Estado e aprobación, se procede, de contas.
  4. Orzamento, programación xeral e establecemento da cota da
    asociación para o curso 2022-2023.
  5. Informe da presidenta sobre actividades feitas no 2021 e
    pendentes para 2022.
  6. Problemática co transporte escolar no IES e a UTE Seoane-
    Monbus.
  7. Suxestións e preguntas.

O novo horario do IES de Cacheiras será de 8:30 h. a 15:00 h. luns e martes, e de 8:30 h. a 14:10 h., mércores xoves e venres. A información xa aparece na web do instituto: www.eduxunta.gal/centros/iescacheiras/

O novo horario

Repesca entrega lotes banco libros

Onte repartimos os lotes do banco de libros entre as persoas asociadas á ANPA. Quedou algunha xente sen vir recollelos. Esas persoas aínda teñen opción de vir por eles o vindeiro luns día 13 de setembro: ese día volveremos estar no instituto entre as 17h e as 18h.

Entrega banco de libros setembro 2021

O vindeiro mércores 8 de setembro entregaremos a tod@s @s soci@s que o solicitastes os libros do Banco de Libros para o curso 2021-2022.

O horario para recollelos será entre as 17 e as 20 horas.

Como sabedes, repartiremos os libros que teñamos entre as solicitudes recibidas. Comprometémonos a que tod@s @s soci@s reciban, polo menos, un libro de texto por fill@.

Pregámosvos paciencia: son moitos libros, é un traballo lioso e queremos facelo ben.

Respectemos o distanciamento e acudide tod@s con máscara.

Listado de libros de texto curso 21/22

Xa están colgados na web do instituto os listados de libros de texto que se utilizarán no vindeiro curso: http://www.edu.xunta.gal/centros/iescacheiras/node/983

En breve enviaremos ás socias o formulario de solicitudes do banco de libros.

Por outra banda, este ano E-Dixgal quedará implantada en toda a ESO, posto que este ano se incorpora 4º: http://www.edu.xunta.gal/centros/iescacheiras/node/837