O vindeiro mércores 8 de setembro entregaremos a tod@s @s soci@s que o solicitastes os libros do Banco de Libros para o curso 2021-2022.
O horario para recollelos será entre as 17 e as 20 horas.
Como sabedes, repartiremos os libros que teñamos entre as solicitudes recibidas. Comprometémonos a que tod@s @s soci@s reciban, polo menos, un libro de texto por fill@.
Pregámosvos paciencia: son moitos libros, é un traballo lioso e queremos facelo ben.
Respectemos o distanciamento e acudide tod@s con máscara.
Hola ! A miña filla vai este ano po instituto e eu non solicitei ningun libro non sabia que tiña que facelo.paguei a anpa pero nada mais.ten edisgal pero supoño que poetugues e ingles teño que compralos.queria saber como podo solicitalos se ainda estou a tempo .gracias
María: aínda temos algún de portugués. Estamos no instituto ata as 20h, se pasas por aquí podes recollelo.