Estimadas familias:
Xa se achega o final do curso e toca, como cada ano, informarvos sobre o calendario do servizo de banco de libros que xestiona a ANPA. Cómpre ser consecuentes coa situación que estamos a vivir e por iso decidimos programar a devolución de libros de xeito escalonado.
A devolución dos libros usados este curso farase ao longo da vindeira semana coincidindo parcialmente coas datas establecidas polo IES para tentar que fagades os mínimos desprazamentos posibles e evitar aglomeracións.
En canto á entrega dos materiais para o ano que vén, desta vez esperariamos a comezos de setembro. En calquera caso, a nosa idea é, sempre que a situación o permita, preparar os lotes ao longo do mes de xullo e informar ás familias, vía correo electrónico dos libros que lles corresponden.
Xoves 24 de xuño de 2021
Alumnado de 3º e de 4º da ESO: o centro xa asignou a este alumnado unhas quendas para devolver os libros emprestados polo banco de libros da Xunta desde as 16:30 ás 19:15. Aproveitaremos as mesmas quendas para que poidades devolver os libros da ANPA do curso que acaba de rematar. Así que, ou ben as familias, ou ben o alumnado, poden pasar polas aulas que indiquemos para devolver o material da ANPA. Se vos resulta imposible acercarvos a devolver os libros á hora que vos corresponde podedes vir a outra, pero é importante que na medida do posible tratemos de respectar as quendas para que non se acumule máis xente da recomendada.
Alumnado de 3º da ESO:
- 16.30: 3º ESO A
- 17.00: 3º ESO B
- 17.30: 3º ESO C
- 18.00: 3º ESO D
- 18.30: 3º ESO E
- 19.00: 3º ESO F
Alumnado de 4º da ESO:
- 16.45: 4º ESO A
- 17.15: 4º ESO B
- 17.45: 4º ESO C
- 18.15: 4º ESO D
- 18.45: 4º ESO E
- 19.15: 4º ESO F
Venres 25 de xuño:
Alumnado de 1º e 2º da ESO e 1º e 2º de BAC: Establecemos as seguintes quendas:
Alumnado de 1º da ESO:
- 16.30: 1º ESO A
- 17.00: 1º ESO B
- 17.30: 1º ESO C
- 18.00: 1º ESO D
- 18.30: 1º ESO E
- 19.00: 1º ESO F
Alumnado de 2º da ESO:
- 16.45: 2º ESO A
- 17.15: 2º ESO B
- 17.45: 2º ESO C
- 18.15: 2º ESO D
- 18.45: 2º ESO E
- 19.15: 2º ESO F
Alumnado de 1º BAC:
- 16.30: 1º BAC A
- 17.10: 1º BAC B
- 17.50: 1º BAC C
- 18.30: 1º BAC D
Alumnado de 2º BAC:
- 16.45: 2º BAC A
- 17.25: 2º BAC B
- 18.05: 2º BAC C
- 18.45: 2º BAC D
SOLICITUDE DE LIBROS PARA O CURSO 2021-22:
Antes de fin de mes enviarémosvos por correo o formulario de petición de libros para o curso 2021-22. Teredes de prazo para solicitalos ata o 11 de xullo. A entrega farémola no mes de setembro, con todo, trataremos de avisarvos en xullo dos libros que se vos asignaron para que poidades conseguir o resto pola vosa conta. Aclaracións:
- O próximo curso non cambian os libros polo que serven os que se están usando agora.
- Como sabedes, repartiremos os libros que teñamos entre as solicitudes recibidas: cantos máis libros teñamos, máis podemos repartir para o próximo curso. Hai cursos nos que vai haber máis fondos que noutros.
- Pode devolver e recoller os libros outra persoa no voso nome se vós non podedes.
- As familias con fillos no instituto que non se asociaran ata agora non van recibir libros, xa que aínda que non se poidan repartir ata setembro, os lotes organizarémolos antes.
- Tede paciencia: son moitos libros, é un traballo lioso e queremos facelo ben
- Respectemos o distanciamento e as quendas para evitar aglomeracións.