Arquivo por etiquetas: banco de libros

Calendario banco de libros xuño 2020

Estimadas familias: Tal e como vos viñemos informando, as circunstancias excepcionais derivadas da COVID- 19 lévannos a modificar os trámites relacionados co servizo de banco de libros que xestiona a ANPA. 

A devolución dos libros usados este curso farase ao longo da vindeira semana, coincidindo parcialmente coas datas establecidas polo IES para tentar que fagades os mínimos desprazamentos posibles e evitar aglomeracións.

En canto á entrega dos materiais para o ano que vén, desta vez esperariamos a comezos de setembro, xa que as directrices da administración recomendan agardar como mínimo quince días antes da manipulación dos materiais para tratar de minimizar unha posible propagación do virus. En calquera caso, a nosa idea é, sempre que a situación o permita, preparar os lotes ao longo do mes de xullo e informar ás familias, vía correo electrónico, dos libros que lles corresponden.

Calendario de recollida do banco de libros:

Xoves 25 de xuño:

Recollida dos libros usados no curso 2019-2020 polo alumnado de 1o da ESO, 3º da ESO e 1º de Bacharelato (montaremos dúas aulas).

Alumnado de 3º da ESO: o centro xa lle asignou a este alumnado unhas quendas desde as 16.00 ás 21.00. Aproveitaremos as mesmas quendas para que poidades devolver os libros da anpa do curso que acaban de rematar. Así que, ou ben as familias, ou ben o alumnado, poden pasar polas aulas que indiquemos para devolver o material da ANPA. É importante que respetedes estes turnos para que non se acumule máis xente da recomendada.

  • 16.15-16.45: 3º ESO A
  • 17.00-17.45: 3º ESO B
  • 18.00-18.45: 3º ESO C
  • 19.00-19.45: 3º ESO D
  • 20.00-20.45: 3º ESO E

Alumnado de 1º da ESO e 1º de BAC: Mirando de que non se xunte moita xente, imos tamén establecer uns turnos, por apelido do socio/a da ANPA.

  • 17.00-17.30: 1º ESO: Desde Aristizábal Fernández ata Ferro Castro
  • 17.30-18.00: 1º ESO: Desde Fuentenebro Parada ata Mata Eirís
  • 18.00-18.30: 1º ESO: Desde Mazas Mosquera ata Rodríguez Leal
  • 18.30-19.00: 1º ESO: Desde Roselló Fernández ata Vázquez Otero
  • 18.00-19.00: 1º BAC: Desde Antelo Collazo ata Guambuguete Heredia
  • 19.00-20.00: 1º BAC: Desde López Mata ata Varela González

Venres 26 de xuño:

Recollida de libros usados no curso 2019-2020 para o alumnado de 4º da ESO e 2º da ESO.

Alumnado de 4º da ESO: o centro asignoulle ao alumnado unhas quendas para a entrega dos boletíns desde as 16.00 ás 21.00. Aproveitaremos as mesmas quendas para que poidan devolver os libros da ANPA do curso que acaban de rematar. Así que ou ben as familias, ou ben o alumnado, poden pasar pola aula na que lle recolleremos o material. É importante que manteñan estes turnos, para que non se acumule máis xente da recomendada.

  • 16.15-16.45: 4º ESO A
  • 17.00-17.45: 4º ESO B
  • 18.00-18.45: 4º ESO C
  • 19.00-19.45: 4º ESO D
  • 20.00-20.45: 4º ESO E

Alumnado de 2º da ESO:

  • 17.00-17.30: Desde Acevedo López de los Mozos ata Calo García
  • 17.30-18.00: Desde Caramés Díaz ata García Fernández
  • 18.00-18.30: Desde García Turnes ata Nogueira Méndez
  • 18.30-19.00: Desde Pardo Orjales ata Vieira da Rocha

Solicitude de libros para o curso 2020-21:

Antes de fin de mes enviaremos o formulario de petición de libros para o curso 2020-21, teredes de prazo para solicitalos ata o 10 de xullo.

Aclaracións:

  • O próximo curso non cambian os libros polo que serven os que se están usando agora.
  • Como sabedes, repartiremos os libros que teñamos entre as solicitudes recibidas: cantos máis libros teñamos, máis podemos repartir para o próximo curso. Hai cursos nos que vai haber máis fondos que noutros.
  • Pode devolver e recoller os libros outra persoa no voso nome se vós non podedes.
  • O próximo curso, 1 e 2º da ESO estarán no proxecto E-Dixgal polo que só se van necesitar libros de Portugués, Lingua Española e Inglés.
  • As familias con fillos no instituto que non se asociaran ata agora non van recibir libros, xa que aínda que non se poidan repartir ata setembro, os lotes organizarémolos antes.
  • Tede paciencia: son centos de libros, é un traballo lioso e queremos facelo ben e sobre todo respetade as medidas de distanciamento e os turnos, para evitar aglomeracións.

Saúdos da Xunta directiva.