Estimadas familias:
Por indicación do presidente convocámolos a unha Asemblea Xeral Ordinaria de socios e socias, que se ha celebrar o vindeiro luns 10 de maio no salón de actos do IES de Cacheiras ás 19:00 h en primeira convocatoria e ás 19:30 h en segunda, prevéndose a constitución da asemblea na segunda convocatoria, coa seguinte
ORDE DO DÍA:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
- Informes da presidencia e memoria actividades ano 2020.
- Estado e aprobación, se procede, de contas.
- Orzamento, programación xeral e establecemento da cota de asociación do presente exercicio.
- Elección e renovación de cargos da Xunta Directiva.
- Peticións e preguntas.
Desde a súa constitución no ano 2003, a anpa “San Simón” do IES de Cacheiras ten traballado arreo en prol de toda a comunidade educativa, conseguindo logros tan importantes como a gratuidade do transporte escolar para o alumnado de Bacharelato, a ampliación da biblioteca do centro, o servizo de custodia os martes ao mediodía ou a posta en marcha do Banco de libros. Ademais, grazas ás subvencións da Deputación e do concello de Teo, a asociación colabora activamente cos diferentes departamentos do centro para establecer un programa de actividades que complemente a formación na aula.
Rogamos a presencia de tódolos socios e socias, xa que é preciso unha renovación urxente da xunta directiva. Varios dos membros actuais causaron ou van causar baixa de xeito inmediato, así que hai que constituír unha nova xunta directiva e para iso é necesario que entren voluntari@s para ocupar os cargos vacantes (presidente, vicepresidente e secretaría).
Se non queremos perder estes servizos, nin deixar de ter unha canle de comunicación directa co equipo directivo do centro cómpre atopar socios e socias que tomen o relevo. A continuidade da anpa depende de vós, das familias, xa que se non conseguimos formar unha nova xunta directiva en breve esta ANPA vai desaparecer.
Agardamos que vos animades e que entredes a formar parte da xunta directiva da asociación, para poder seguir traballando e poñendo en marcha novos proxectos.
Saúdos,
A Xunta directiva.