Arquivo por etiquetas: aportacións

Dúas aportacións para o IES

Onte deixamos no instituto unha caixa con 700 mascarillas que serán repartidas hoxe entre o alumnado. Permiten 25 lavados e inclúen dous filtros. Se queredes consultar as características técnicas, están aquí:

Ademáis, hai unhas semanas quedou instalada unha nova mesa de pimpón que se suma ás outras dúas que xa mercara a ANPA para o centro en anos previos. O pimpón é unha das poucas actividades permitidas no patio nestes tempos –o futbolín tivo que ser retirado temporalmente para seguir o protocolo de distanciamento social.