Aberto o prazo de matrícula no IES Cacheiras

Xa está colgada na web do instituto a información sobre o procedemento de matriculación para o curso 20/21 (para alumnos xa matriculados no centro neste curso que está a rematar). Farase preferentemente por correo electrónico entre o 15 e o 23 de xuño, aínda que tamén haberá opción de facelo presencialmente, con cita previa, do 22 ao 26 de xuño.

Toda a información aquí: https://www.edu.xunta.gal/centros/iescacheiras/node/909

Fondo solidario de libros de texto da Xunta

Ven de abrirse o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de material e para a participación do Fondo solidario da Xunta de libros de Texto.
O prazo remata o próximo día 19 de xuño. É preferible facer e presentar a solicitude a traves do ordenador e evitar desprazamentos ao centro pola pandemia da Covid-19. Para facelo hai que dispor de certificado dixital e entrar aquí.

 No caso de que non fose posible a tramitación telemática podedes facela presencialmente solicitando cita no teléfono do centro, 881 866 473, e levando cuberta a solicitude que podedes descargar nesta ligazón: nesta ligazón.

Máis información na web do instituto.

 

Saúdos,
A xunta directiva

Banco de libros

Desde a Xunta directiva estamos a falar co centro para ver cómo organizar este ano o servizo de banco de libros. É responsabilidade de todos tratar de garantir que se cumpran as medidas de hixiene e distanciamento impostas desde o goberno para ver de frear a propagación da COVID-19. É por iso que tentaremos coordinarnos coa dirección do IES de Cacheiras tanto para a recollida dos libros deste curso como para o reparto dos materiais do seguinte. O noso propósito é que as familias fagades os mínimos desprazamentos posibles ao centro.

En canto nos sexa posible confirmarémosvos as datas de recollida de libros de cada un dos cursos, pero a idea é facelo igual que se viña facendo en anos anteriores, de xeito escalonado ao longo dos últimos días de clase. En canto á entrega dos materiais para o ano que vén, desta vez esperariamos a comezos de setembro, xa que as directrices da administración recomendan agardar como mínimo quince días antes da manipulación dos materiais para tratar de minimizar unha posible propagación do virus.

Cómpre dicir que o banco de libros da ANPA do IES de Cacheiras funciona grazas á colaboración desinteresada de tódalos socios e socias. Coidamos que é un servizo importante para axudar a garantir o acceso á educación en igualdade de condicións para tódalas familias e por iso rogamos a máxima comprensión e colaboración, xa que é importante que entre todos garantamos unhas condicións de recollida e entrega axeitadas.

Lembrámosvos tamén que para poder acceder ao servizo de banco de libros hai que ser socio da ANPA e estar ao día no pagamento da cota.

Información para poder asociarvos:

    1. Pagar o importe da cota: 15 euros por familia e curso.
      Nº de conta/IBAN:  ES66 2080 0719 0730 4000 0305 de  Abanca.
      No concepto poñede o voso nome, o dos/as nenos/as e o curso
    2. Enviar un correo electrónico ao noso enderezo anpaiescacheiras@gmail.com indicándonos os vosos datos (nome do alumno/a, da nai e do pai, nº de teléfono e correos de contacto), o curso que van estudar e o resgardo de pagamento.
A Xunta directiva

Saída á Feira dos minerais 2020

Este xoves, 5 de marzo, o alumnado de 1º da ESO desprazarase a Área Central para visitar a Feira dos minerais. Con esta, son xa seis as edicións dunha feira na que se poden contemplar minerais, xemas e fósiles de todo o mundo, ademais de participar en diferentes talleres de formación continuada.

Obxectivos: consolidar as competencias do alumnado, proporcionándolle ferramentas para coñecer as propiedades dos diferentes minerais e aprender a identificalos.

A actividade está dirixida polo departamento de Ciencias e o transporte está subvencionado pola ANPA a través das axudas concedidas pola Deputación da Coruña.

DepCor_bn_horiz

Charlas de orientación académica 2020

Convocámosvos ás charlas de orientación académica impartidas polo orientador do IES, Xoan Ugarte, xunto coa xefatura de estudos e destinadas ás familias con alumnado nos cursos superiores da ESO e Bacharelato.

O obxectivo é aclarar tódalas dúbidas que haxa sobre as distintas opcións que se lle presentan ao alumnado á hora de formalizar a matrícula, os itinerarios académicos e as posibilidades para a continuación de estudos despois de rematar no instituto.

As charlas terán lugar no salón de actos do instituto e repartiránse en tres grupos:

  • Mércores 4 de marzo ás 19:15h, charla para as familias do alumnado que este ano cursa 3º da ESO. (Principal tema a tratar: elección e diferenzas entre ensinanzas académicas e aplicadas)

  • Mércores 4 de marzo ás 19:45h, charla dirixida ás familias do alumnado que este ano cursa 4º da ESO. (Principais temas a tratar: opcións ao rematar a ESO, estructura do Bacharelato, ABAU…)

  • Xoves 5 de marzo  ás 19:30h, charla para as familias do alumnado que este ano cursa 1º de Bacharelato. (Principais temas a tratar: ABAU, os ciclos formativos de grao superior, o acceso a universidade…)

Máis adiante, convocaremos ás familias con alumnado en 2º de Bacharelato e informamos que tamén pasarán polas aulas para tratar de aclarar todas estas dúbidas co alumnado.

Asemblea xeral extraordinaria 20/2/20

O vindeiro xoves 20 de febreiro celebraremos unha Asemblea xeral extraordinaria no salón de actos do IES de Cacheiras ás 19:00h en primeira convocatoria e ás 19:30h en segunda (prevéndose a constitución da asemblea na segunda convocatoria) coa seguinte

Orde do día

1) Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2) Renovación de cargos da Xunta Directiva.
3) Peticións e preguntas.

Visita ao CIMUS

Este venres 31 de xaneiro un grupo de alumnos e alumnas do noso centro vai facer unha visita ao CIMUS,  Centro de Investigación en Mediciña Molecular e Enfermedades Crónicas, un dos centros de investigación da Universidade de Santiago.

Durante a visita o alumnado vai ter a oportunidade de asistir a unha sesión informativa na que van poder coñecer cal é a súa misión, visión, estructura, funcionamiento, os seus espazos e equipamentos e, de seguido, van poder facer unha visita guiada polos laboratorios del Centro.

Esta actividade conta con subvención da ANPA, está organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e está dirixida a  alumnado de 4º da ESO.


A Anpa financia as actividades con fondos propios e grazas ás subvencións recibidas pola Deputación da Coruña e o concello de Teo.

Memoria Anual (2018/19)

Misión

A ANPA “San Simón” do IES de Cacheiras é un instrumento de comunicación dos pais e nais do alumnado coa dirección do centro, establecendo liñas de traballo conxuntas para tratar de enriquecer a formación dos nosos fill@s.

Grazas ás cotas dos soci@s e ás axudas que nos chegan, vía subvención, tanto da Deputación da Coruña como do Concello de Teo vimos consensuando desde hai anos un calendario de actividades complementarias á formación académica que imparte o centro. E tamén xestionamos un banco de libros para tratar de colaborar economicamente coas familias e contribuír a que o inicio do curso se faga máis levadeiro. Seguir lendo

O 25º Aniversario do IES na prensa

En La voz de Galicia: Veinticinco primaveras del IES de Cacheiras, y lo mejor, por llegar.

MODIFICACIÓN DATAS BANCO DE LIBROS 2018/2019

Requisitos para participar no banco de libros:
 
1.Ser socio/a da Anpa do IES de Cacheiras.
 
2. Devolver cuberto o formulario de solicitude de libros antes do 27 de xuño ás 15:00.
Recibirédelo no voso correo antes da entrega das notas do día 26 e nel teredes que marcar os libros que precisades para o curso que vén e os que non recibades o formulario é por non estar ao día no pagamento.
 
3. Devolver os libros emprestados pola anpa o MARTES 26 de xuño de 17:00 a 19:00
Poden devolvérvolos alguén no voso nome.
 
4. Recoller os libros do próximo curso o martes 3 de xullo, das 17.00 h ás 19.00 h no IES de Cacheiras
Poden recollérvolos alguén no voso nome.
 
Calendario do Banco de libros:
 
1. Devolución dos libros do curso 2017-18: MARTES 26 de xuño de 17:00 a 19:00
 
2. Solicitude de libros á Anpa: devolver o formulario antes do 27 de xuño ás 15:00.
 
3. Reparto dos libros para o curso 2018-19: martes 3 de xullo, das 17.00 h ás 19.00 h