Arquivo por autores: óscar

Becas 2020

Informamos de que está aberto o prazo para solicitude de dous tipos de becas:

1) Para alumnado de Bacharelato:

Becas e axudas para alumnado de niveis posobrigatorios non universitarios (Bacharelato):
http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/bachillerato/becas-generales-no-universitarias.html

Prazo de solicitude ata o 30 de setembro.

As solicitudes deberán presentarse online, a través da sede electrónica do Ministerio:
https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1400

2) Para o alumnado con necesidades específicas:

Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (ESO-Bacharelato):
http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

Prazo de solicitude ata o 1 de outubro.

Antes de solicitala hai que porse en contacto co orientador do instituto.

As solicitudes deberán presentarse online, a través da sede electrónica do Ministerio:
https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1399

Aberto o prazo de matrícula no IES Cacheiras

Xa está colgada na web do instituto a información sobre o procedemento de matriculación para o curso 20/21 (para alumnos xa matriculados no centro neste curso que está a rematar). Farase preferentemente por correo electrónico entre o 15 e o 23 de xuño, aínda que tamén haberá opción de facelo presencialmente, con cita previa, do 22 ao 26 de xuño.

Toda a información aquí: https://www.edu.xunta.gal/centros/iescacheiras/node/909

Fondo solidario de libros de texto da Xunta

Ven de abrirse o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de material e para a participación do Fondo solidario da Xunta de libros de Texto.
O prazo remata o próximo día 19 de xuño. É preferible facer e presentar a solicitude a traves do ordenador e evitar desprazamentos ao centro pola pandemia da Covid-19. Para facelo hai que dispor de certificado dixital e entrar aquí.

 No caso de que non fose posible a tramitación telemática podedes facela presencialmente solicitando cita no teléfono do centro, 881 866 473, e levando cuberta a solicitude que podedes descargar nesta ligazón: nesta ligazón.

Máis información na web do instituto.

 

Saúdos,
A xunta directiva