Con máis de 150 familias asociadas, a Asociación de nais e pais San Simón do IES de Cacheiras colabora na vida do devandito centro educativo organizando ou colaborando coa dirección e o profesorado na realización de actividades complementarias (obras de teatro, actuacións musicais, festivais, viaxes…). Entre os nosos logros podemos destacar que, traballando en conxunto coa dirección e co concello, temos conseguido regularizar o transporte (axustando os horarios e conseguindo a gratuidade para o alumnado de bacharelato), a entrada no proxecto E-dixgal, a ampliación da biblioteca e a posta en marcha dun servizo de custodia os martes ao mediodía.
Como podedes asociarvos?
1. Pagando o importe da cota: 15 euros por familia e curso.
Nº conta ES66 2080 0719 0730 4000 0305 de Abanca.
No concepto poñede o voso nome, o dos/as nenos/as e o curso
2. Enviando un correo electrónico ao noso enderezo anpaiescacheiras@gmail.com indicándonos os vosos datos (nome do alumno/a, da nai e do pai, no de teléfono e correos de contacto), o curso que van estudar e o resgardo de pagamento.
Banco de libros da ANPA do IES de Cacheiras
A Anpa do IES de Cacheiras ten activado desde hai varios anos un banco de libros do que poden beneficiarse tódalas familias asociadas. Trátase dun servizo colaborativo, as familias que poden doan os libros que xa non precisan e a cambio levan outros usados.
O alumnado de 1º,2º,3º e 4º da ESO entrará no proxecto E-Dixgal, polo que traballará con materiais dixitais na maioría das asignaturas. Con todo, en anos anteriores precisaron algúns libros de texto, así é que, se para o vindeiro curso precisasen algún libro de texto ou de lectura, estes son os requisitos para participar no banco dos libros.
- Ser socio/a da Anpa do IES de Cacheiras (no caso das familias novas no centro teñen de prazo ata o día 7 de xullo).
- Devolver cuberto o formulario de solicitude de libros. Este formulario enviaráselles por correo electrónico a tódolos socios no mes de xullo e tamén se lles informará da data tope de entrega do mesmo.
- A través do correo electrónico tamén se lles informará da data de na que entregaremos os libros; previsiblemente a comezos de setembro. Aínda que ata de agora o reparto do libros para 1º da ESO se facía a finais de xuño, desta vez, por mor das medidas de seguridade que cómpre tomar por mor da COVID-19, cómpre aprazalo ata setembro.
Poderedes consultar a listaxe dos libros de texto e de lectura que nos proporcione a dirección do centro na bitácora da Anpa e calquera data que afecte a recollida de libros (https://anpaiescacheiras.wordpress.com) e na páxina do Instituto (http://www.edu.xunta.gal/centros/iescacheiras/)
Saúdos, a xunta directiva