Convocatoria asemblea Xeral 10/5/21

Estimadas familias: 

Por indicación do presidente convocámolos a unha Asemblea Xeral Ordinaria de socios e socias, que se ha celebrar o vindeiro luns 10 de maio no salón de actos do IES de Cacheiras ás 19:00 h en primeira convocatoria e ás 19:30 h en segunda, prevéndose a constitución da asemblea na segunda convocatoria, coa seguinte

ORDE DO DÍA:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
  2. Informes da presidencia e memoria actividades ano 2020. 
  3. Estado e aprobación, se procede, de contas.
  4. Orzamento, programación xeral e establecemento da cota de asociación do presente exercicio.
  5. Elección e renovación de cargos da Xunta Directiva.
  6. Peticións e preguntas.

Desde a súa constitución no ano 2003, a anpa “San Simón” do IES de Cacheiras ten traballado arreo en prol de toda a comunidade educativa, conseguindo logros tan importantes como a gratuidade do transporte escolar para o alumnado de Bacharelato, a ampliación da biblioteca do centro, o servizo de custodia os martes ao mediodía ou a posta en marcha do Banco de libros. Ademais, grazas ás subvencións da Deputación e do concello de Teo, a asociación colabora activamente cos diferentes departamentos do centro para establecer un programa de actividades que complemente a formación na aula. 

Rogamos a presencia de tódolos socios e socias, xa que é preciso unha renovación urxente da xunta directiva. Varios dos membros actuais causaron ou van causar baixa de xeito inmediato, así que hai que constituír unha nova xunta directiva e para iso é necesario que entren voluntari@s para ocupar os cargos vacantes (presidente, vicepresidente e secretaría). 

Se non queremos perder estes servizos, nin deixar de ter unha canle de comunicación directa co equipo directivo do centro cómpre atopar socios e socias que tomen o relevo. A continuidade da anpa depende de vós, das familias, xa que se non conseguimos formar unha nova xunta directiva en breve esta ANPA vai desaparecer.

Agardamos que vos animades e que entredes a formar parte da xunta directiva da asociación, para poder seguir traballando e poñendo en marcha novos proxectos.  

Saúdos,

A Xunta directiva.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s