Grazas

Estimadas familias.

Queremos agradecervos o esforzo que fixestes ao colaborar na recollida de cartóns de leite para o Banco Veciñal de Alimentos de Teo. A nós parécenos todo un éxito que ao longo destes cinco días se xuntaran 571 litros de leite para repartir entre as familias do concello que o precisan.  

Asimesmo, parécenos importante que se implicara toda a comunidade educativa e aproveitamos para incidir en que, con iniciativas solidarias coma esta, non só estamos a axudar aos nosos veciños, senón que tamén contribuímos a formar en valores como o compromiso e a solidariedade aos nosos fillos e fillas. 

Cabe lembrar ademais que, aínda que a nosa foi unha colaboración puntual co Banco Veciñal de Alimentos, este é un servizo permanente que presta axuda ás familias do concello ao longo de todo o ano e que se queredes seguir prestando a vosa axuda, teñen un punto de recollida estable no supermercado Pernas de Pontevea. 

Moitísimas grazas pola vosa colaboración.  

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s