
A campaña de colaboración co Banco Veciñal de Alimentos de Teo que estamos realizando no IES recolleu nos dous primeiros días 147 litros de leite. Cun pequeno xesto podemos axudar a familias do noso concello. Grazas pola participación e recordade que o contedor seguirá dispoñible para deixar leite nel ata este venres 26.