Informámosvos de que na semana do 22 ao 26 de febreiro haberá un contedor no centro para depositar cartóns de leite para o Banco Veciñal de Alimentos de Teo.
Parécenos importante que tanto o alumnado, como o profesorado e as familias nos involucremos e colaboremos neste iniciativa solidaria. Se conseguimos que cada rapaz/a deixe polo menos un cartón de leite recadaríanse 700 litros, cos que contribuiriamos a paliar a falta de existencias que ten o servizo. Cómpre lembrar que a COVID-19 está a provocar unha crise social e económica sen precedentes e cada vez son máis as familias que teñen que recorrer ao Banco Veciñal de Alimentos de Teo.
Animádevos e participemos tod@s, cun pequeno xesto podemos axudar a moita xente.
Saúdos da Xunta directiva
Hola yo aun no tengo a nadie en el instituto puedo llevar igual la leche?
Ola, Tania. Este ano o protocolo COVID fai complicado o acceso ao instituto, o ideal sería que o deixaras noutro punto de recollida do banco de alimentos, sabemos que hai un no supermercado Pernas de Pontevea. Senón, tamén podes consultar nos servizos sociais municipais: https://www.teo.gal/gl/servizo/servizos-sociais-municipais
Un saúdo!