Memoria 2020

Estimadas familias 

Por mor das medidas de distanciamento social impostas pola Xunta de Galicia para tratar de frear a propagación da COVID-19 aínda non puidemos convocar a asamblea xeral de socios do ano 2020. Non dispoñemos do soporte tecnolóxico necesario para facer unha convocatoria online con garantías suficicientes, polo que estamos á espera de que a situación nos permita facer unha convocatoria presencial. 

Namentras isto non é posible, queremos facervos chegar a memoria anual de actividades e un resumo dos gastos e ingresos da ANPA San Simón do IES de Cacheiras durante o ano 2020. 

Tal e como se explica na memoria, non puido completarse a programación proposta, xa que moitas das actividades tiveron que cancelarse. As medidas de hixiene e distanciamento social fan moi difícil a realización de talleres de xeito presencial, pero aínda así trataremos de que se recuperen algúns para este curso ou se traten de facer de xeito telemático, coa finalidade de restablecer unha certa normalidade entre o alumnado. 

Do mesmo xeito, aproveitamos para comentarvos a necesidade de renovación da xunta directiva actual, pendente tamén da convocatoria dunha asamblea xeral. Catro integrantes da directiva xa non están desempeñando as súas funcións, polo que se precisa que entren reforzos de xeito inmediato

Os membros que estamos seguimos mantendo reunións periódicas de xeito telemático, pero vémonos incapacitados para seguir sacando adiante o traballo sós e por iso é preciso que entren voluntarios novos, para que o labor da ANPA non se paralice. Só tedes que enviar un correo á conta da ANPA (anpaiescacheiras@gmail.com)  cos vosos datos e poñerémonos en contacto de inmediato. 

Para colaborar coa directiva non é preciso dispor de moito tempo. Se o tedes, estupendo, porque poderedes aportar moito e asumir algunha tarefa específica, pero aínda que só dispoñades dun anaquiño de vez en cando, ese pouco tempo e a vosa axuda serán igualmente valiosas. Lembrade que todo suma. 

Saúdos da xunta directiva.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s