Banco de libros

Desde a Xunta directiva estamos a falar co centro para ver cómo organizar este ano o servizo de banco de libros. É responsabilidade de todos tratar de garantir que se cumpran as medidas de hixiene e distanciamento impostas desde o goberno para ver de frear a propagación da COVID-19. É por iso que tentaremos coordinarnos coa dirección do IES de Cacheiras tanto para a recollida dos libros deste curso como para o reparto dos materiais do seguinte. O noso propósito é que as familias fagades os mínimos desprazamentos posibles ao centro.

En canto nos sexa posible confirmarémosvos as datas de recollida de libros de cada un dos cursos, pero a idea é facelo igual que se viña facendo en anos anteriores, de xeito escalonado ao longo dos últimos días de clase. En canto á entrega dos materiais para o ano que vén, desta vez esperariamos a comezos de setembro, xa que as directrices da administración recomendan agardar como mínimo quince días antes da manipulación dos materiais para tratar de minimizar unha posible propagación do virus.

Cómpre dicir que o banco de libros da ANPA do IES de Cacheiras funciona grazas á colaboración desinteresada de tódalos socios e socias. Coidamos que é un servizo importante para axudar a garantir o acceso á educación en igualdade de condicións para tódalas familias e por iso rogamos a máxima comprensión e colaboración, xa que é importante que entre todos garantamos unhas condicións de recollida e entrega axeitadas.

Lembrámosvos tamén que para poder acceder ao servizo de banco de libros hai que ser socio da ANPA e estar ao día no pagamento da cota.

Información para poder asociarvos:

    1. Pagar o importe da cota: 15 euros por familia e curso.
      Nº de conta/IBAN:  ES66 2080 0719 0730 4000 0305 de  Abanca.
      No concepto poñede o voso nome, o dos/as nenos/as e o curso
    2. Enviar un correo electrónico ao noso enderezo anpaiescacheiras@gmail.com indicándonos os vosos datos (nome do alumno/a, da nai e do pai, nº de teléfono e correos de contacto), o curso que van estudar e o resgardo de pagamento.
A Xunta directiva

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s