Memoria Anual (2018/19)

Misión

A ANPA “San Simón” do IES de Cacheiras é un instrumento de comunicación dos pais e nais do alumnado coa dirección do centro, establecendo liñas de traballo conxuntas para tratar de enriquecer a formación dos nosos fill@s.

Grazas ás cotas dos soci@s e ás axudas que nos chegan, vía subvención, tanto da Deputación da Coruña como do Concello de Teo vimos consensuando desde hai anos un calendario de actividades complementarias á formación académica que imparte o centro. E tamén xestionamos un banco de libros para tratar de colaborar economicamente coas familias e contribuír a que o inicio do curso se faga máis levadeiro.

Soci@s

Durante o curso 2018-2019 fomos un total de 187 familias asociadas. 

A cuota de soci@ é de 15 euros anuais por familia. 

As familias asociadas á ANPA “San Simón” participan do reparto de libros, grazas á xestión que desde hai anos vén facendo a asociación nos meses de xullo e setembro.   

Xunta directiva

  • Presidente: Francisco Vicente  Álvarez 
  • Vicepresidente: Ángel Ruíz Suanzes
  • Tesoureira: Carmen Abeledo Piñeiro
  • Secretaria: Josefa Valiño Calo
  • Vogais:  José González Parga, Esperanza Moreiras Cuñarro, Óscar Villán Seoane, Laura Lojo Rodríguez, Dolores Gómez Romero, Marco Antonio Feijoo Álvarez, Nuria Lamas Piñón, Dolores Seijo Martínez.

Programación anual

  • Servizo de Banco de libros: 
  • Fondo bibliotecario para banda deseñada 
  • Obradoiro de booktubers
  • Club de debate 
  • Xornada sobre a Bretaña francesa e taller baile bretón
  • Cine na escola, saídas ao Numax
  • Convivir en igualdade
  • Obradoiro de defensa persoal
  • Taller de creación artística, literaria e teatral 
  • Curtocircuíto
  • Xornadas de ciencia
  • Campionato deportivo

Cabe destacar, que esta programación é posible grazas ás cotas anuais dos socios e ás axudas económicas que nos chegan vía subvención da Deputación da Coruña e do Concello de Teo

Servizo de Banco de libros

Desde a posta en marcha deste servizo, no ano 2012, a ANPA “San Simón” emprestou 5.592 libros.

Para o curso actual fixéronse 247 lotes, cun total de 1.069 libros de texto e lectura, que trataron de repartirse do xeito máis equitativo posible. 

Para poder atender todas as solicitudes compráronse 16 libros por un valor de 557,89 euros. 

Fondo bibliotecario para Banda Deseñada

Durante o curso 2018-2019 a ANPA “San Simón” do IES de Cacheiras tamén quixo colaborar coa biblioteca do centro para que os fondos dispoñibles para todo o alumnado vaian medrando non só en cantidade, senón tamén en calidade. 

Grazas  á contribución económica do concello de Teo compráronse 25 libros de banda deseñada, seleccionados polos voluntarios do servizo de Biblioteca. 

Trátase de 25 títulos de autores referentes a nivel nacional e internacional, que están a disposición de todo o alumnado do centro. Con isto tratamos de axudar a dinamizar a biblioteca e potenciar o hábito de lectura. Nesta actividade investíronse 496,26 euros.

Obradoiro de booktubers  

Este taller, orientado ao alumnado de 3º da ESO, impartiuse en xaneiro do 2019. 

O obxectivo que se buscaba era que o alumnado aprendese a utilizar todas as posibilidades das redes sociais divulgando os libros de lectura propostos polos departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá. 

Club de debate

Esta actividade desenvolveuse entre os meses de marzo e abril, co obxectivo de proporcionarlle aos alumnos e alumnas do club de debate as ferramentas necesarias para manexarse en público, para aprender a deliberar, a confrontar e a presentar as súas argumentacións con coherencia e soltura. 

Fíxose en colaboración co concello de Teo e foi do agrado do profesorado encargado; tanto é así que xa solicitaron a súa continuidade para o seguinte curso escolar. 

Xornada sobre a Bretaña francesa e Taller baile bretón

Este taller forma parte da programación do departamento de Francés. Fíxose o 3 de decembro para o alumnado de 2º da ESO que cursa a asignatura de francés como segunda lingua estranxeira.   

Cine na escola

Grazas á axuda económica da Deputación da Coruña, este curso puideron organizarse dúas saídas ao Númax. 

O Departamento de Historia quixo levar ao alumnado de 4º da ESO, un total de 120 alumn@s, a ver a película Sufraxistas.

O Departamento de Francés acompañou aos alumnos e alumnas de 3º da ESO que teñen Francés como optativa a ver o filme Un sac de billes.

Convivir en igualdade

Hai que educar en igualdade, e desde a xunta directiva da ANPA temos o firme convencemento de que debemos ofrecerlle ao alumnado as ferramentas necesarias para que facelo. 

Con tal motivo, impulsamos a creación dun “Punto lila”, un espazo, que dentro do propio centro visibilice o rexeitamento contra calquera tipo de violencia. Tamén como espazo de reflexión dende o que artellar solucións para esta lacra social.

O 25 de Novembro convidamos a Xiana do Teixeiro, directora de Tódalas mulleres que coñezo, un documental que pon de manifesto o masculinizadas e violentas que seguen a ser as rúas.  

Taller de defensa persoal

Esta é unha das actividades que ANPA organizou en colaboración co departamento de Educación Física do centro. 

Grazas á subvención da Deputación da Coruña, puidemos contratar os servizos da empresa Centralgym, que desenvolveu este taller ao longo de varias sesións no mes de novembro. 

Trátase de fomentar o desenvolvemento físico e persoal d@s menores, roporcionándolle ferramentas que lle acaian unha maior seguridade en sí mesmos e que permitan ao tempo, detectar anomalías e situacións de risco ou vulnerabilidade entre o alumnado. 

Taller de creación artística, literaria e teatral 

Inclúe unha serie de actividades que buscan potenciar a creatividade do alumnado, propicialo uso do galego e adquirir novas destrezas no terreo da escrita e da expresión oral.  

  • Obradoiro de narración e expresión oral, a cargo de Paula Carballeira, da compañía Berrobambán. Fíxose o 30 de novembro para o alumnado de 1º e 2º da ESO.
  • Conte avec moi, dous talleres pedagóxicos, que Samuel Mountoumnjou fixo para o alumnado de 4º da ESO. 
  • Recital de poesía de Lucía Aldao. Programouse no mes de maio para o alumnado de Bacharelato.

Xornada de ciencia

Contribuír a espertar o interese pola ciencia e transformar a comunicación científica nun produto atractivo para @s máis nov@s é outro dos obxectivos desta asociación. 

A idea é converter unha materia complexa nun elemento de consumo apetecible. 

En colaboración co departamento de Ciencias do centro, convidamos a Ramón Cid Manzano, profesor de Ciencias da Educación na Universidade de Santiago para impartir a charla: “A táboa periódica, algo máis que química”.

Esta actividade fíxose o 5 de novembro para o alumnado de 3º da ESO. 

Campionato deportivo

Co obxectivo de propiciar a interactividade entre o alumnado dos diferentes cursos académicos, a dirección do centro botou a andar os “recreos activos”.

Tratábase de organizar unha serie de actividades para o alumnado durante o tempo do recreo. 

Puxéronse en marcha varios campionatos deportivos (futbito, basket e volei) e pediuse a colaboración económica da ANPA para premiar a participación das diferentes aulas e a implicación do alumnado. 

Orzamento

Ingresos anuais: 

CUOTA DE SOCIOS 2.775,00€
SUBVENCIÓN DEPUTACIÓN DA CORUÑA 20183.675,65€
SUBVENCIÓN CONCELLO DE TEO 20181.527,40€
SUBVENCIÓN DEPUTACIÓN DA. CORUÑA 2019 (pendente de cobro)2.500,00€
SUBVENCÓN CONCELLO DE TEO 2019 (pendente de cobro) 1.987,43€
TOTAL INGRESADO 7.978,05€

Gastos anuais:

SERVIZO DE BANCO DE LIBROS E ADQUISICIÓN DE FONDOS PARA A BIBLIOTECA1.054, 15€
ACTIVIDADES FORMATIVAS PARA O ALUMNADO4.946,50€
GASTOS DE XESTIÓN  360,52€
TOTAL GASTOS6.391,17€

Obxectivos perseguidos

Os membros da xunta directiva da ANPA “San Simón do IES de Cacheiras cremos que hai que “educar en, e para o futuro”. 

Que a nosa función como nais e pais é provocar a curiosidade dos rapaces e rapazas, abrirlles os ollos a novas disciplinas, aportarlles experiencias enriquecedoras e ofrecerlles as máis variadas ferramentas de traballo para que poidan desenvolver proxectos creativos e innovadores. 

Trátase de “educar en talento”, de alentalos a reflexionar cun criterio de seu e que desenvolvan calquera actividade de xeito autónomo e reflexivo. 

De fomentar os vínculos de cooperación superando as barreiras de xénero ou clase e de aprenderlles a detectar e rexeitar calquera tipo de conducta violenta. 

···

Grazas ás axudas económicas da Deputación da Coruña e do Concello de Teo a ANPA pode promover e financiar diferentes actividades.

DepCor_bn_horiz

logoteo_800510_manual

 

Podedes descargar un PDF imprimible desta memoria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s