Banco de libros 2018/2019

Requisitos para participar no banco de libros:

1.Ser socio/a da Anpa do IES de Cacheiras.

As familias que xa teñan fillos no instituto deben ter paga a cota do presente curso antes do martes 19 de xuño ou non recibirán o formulario de solicitude de libros.

2. Devolver cuberto o formulario de solicitude de libros antes do 27 de xuño  ás 15:00. Recibirédelo no voso correo antes da entrega das notas do día 25 e nel teredes que marcar os libros que precisades para o curso que vén.

3. Devolver os libros emprestados pola anpa o luns 25 de xuño de 17:00 a 19:00

Poden devolvérvolos alguén no voso nome.

4. Recoller os libros do próximo curso o martes  3 de xullo, das 17.00 h ás 19.00 h no IES de Cacheiras

Poden recollérvolos alguén no voso nome.

Calendario do Banco de libros

1. Devolución dos libros do curso 2017-18: luns 25 de xuño de 17:00 a 19:00

2. Solicitude de libros á Anpa: devolver o formulario antes do 27 de xuño  ás 15:00.

3. Reparto dos libros para o curso 2018-19:  martes 3 de xullo, das 17.00 h ás 19.00 h

Como asociarse

1. Pagar o importe da cota: 15 euros por familia e curso.

Nº de conta/IBAN  ES66 2080 0719 0730 4000 0305 de  Abanca.

No concepto poñede o voso nome, o dos/as nenos/as e o curso

2.  Enviar un correo electrónico ao noso enderezo anpaiescacheiras@gmail.com indicándonos os vosos datos (nome do alumno/a, da nai e do pai, nº de teléfono e correos de contacto), o curso que van estudar e o resgardo de pagamento

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s