Charla informativa sobre Universidade e F.P.

Informamos de que este xoves 12 de abril entre as 19:30 e as 21:00 imos ter unha charla informativa no salón de actos do IES de Cacheiras dirixida ás familias sobre a Universidade e os ciclos de formación profesional organizada en colaboración co departamento de orientación do noso instituto e complementaria da que vai recibir o alumnado.

Contaremos con representación da Universidade de Santiago, do IES das Fontiñas e do IES Macías o Namorado de Padrón para darnos a coñecer as diferentes posibilidades de estudio que ten o alumnado como alternativa ou ao remate do bacharelato sen centrarnos en detalle nos requisitos e procedementos de acceso dos centros e estudios.

Saúdos.

A Xunta directiva.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s