Actividades subvencionadas pola ANPA

Como todos estes anos, a Anpa ven subvencionando algunhas das actividades complementarias que se realizan no noso Instituto. Estes días estanse a celebrar varias destas actividades:

-O pasado mércores, día 31 de outubro, coincidindo co Samaín, houbo unha sesión de contacontos a cargo de Paula Carballeira destinada ao alumnado máis novo do instituto.

-Onte, luns 6 de novembro, estivo Samuel Mountounjou relatando contos africanos en francés para o alumnado desta materia.

-Hoxe están no instituto os divulgadores de Ceo aberto con cinco sesións dun dos seus espectáculos de ciencia ao que vai asistir o alumnado da ESO.


Lembrámosvos os datos para renovar a vosa cota de asociación:

Son 15 euros por familia e ano académico no n.º de conta/IBAN  ES66-2080-0719-0730-4000-0305 de  Abanca facendo constar no concepto os nomes do socio/a e do alumno/a.


Saúdos.

A Xunta Directiva.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s