Calendario inicio de curso

VENRES 15 DE SETEMBRO

Só inicia o curso o alumnado de 1º de ESO, 1º  e 2º de Bacharelato

O alumnado está convocado ás 11, van ter unha breve presentación e ás 12:15 sae de volta nos autobuses escolares. 


Hai un horario especial do servizo de transporte para ese día no que funcionarán todas as liñas, do que xa temos confirmada polas propias empresas a hora de saída de cada liña e que podedes consultar no seguinte enlace. 

http://www.edu.xunta.gal/centros/iescacheiras/system/files/Rutas-Paradas_Transporte%20Escolar%202017-2018_15-09-2017.pdf

LUNS 18 DE SETEMBRO

Inicio das clases para todo o alumnado no horario habitual das 8:45 



  Modificacións no acceso ao instituto.

Como sabedes a Anpa, o equipo directivo e o concello levamos tempo buscando unha solución que aportara maior seguridade aos máis de 600 alumnos e alumnas que utilizan os autobuses de transporte escolar evitando o, moitas veces perigoso,  desprazamento do alumnado polo medio de coches particulares e autobuses ata o aparcadoiro onde estacionaban.  Despóis de barallar varias alternativas, para este curso consensuáronse coas empresas varias medidas:

-Todos os autobuses van deixar ao alumnado diante da entrada do instituto na súa chegada ao centro.

-A hora de saída os autobuses van estacionar en fila diante do instituto.

-Os autobuses van estar identificados co número de ruta para evitar despistes entre o alumnado. 


Estes cambios obrígannos a todos a respectar dúas normas básicas

1) Non se pode estacionar diante do instituto como se viña facendo, salvo nas prazas expresamente habilitadas. A partir de agora deberemos usar a plataforma de aparcadoiro na que agardaban os autobuses.

2) Non se pode circular entre a plataforma de aparcadoiro e o seguinte cruce da pista desde antes da saída do alumnado ata despóis de que se marchen os autobuses.


Informámosvos de que para garantizar o cumprimento destas normas solicitámoslle ao concello a colaboración da policía municipal. Pedímosvos comprensión e paciencia, pensade que os autobuses non tardan en sair e así evitamos situacións comprometidas como as que xa vivimos. 

 Modificacións nas rutas de transporte

Debido ao incremento de alumnado no instituto e a que, como é normal, todos os anos varia o número de alumnos e alumnas de cada parada, este curso houbo que retocar as rutas de transporte. Non variaron as paradas pero en algunhas cambia o autobús que recolle ao alumnado e pode haber lixeiras modificacións no horario con respecto ao pasado curso


Podedes consultar as novas rutas dos autobuses e o horario de saída da primeira paraxe no seguinte enlace:  

http://www.edu.xunta.gal/centros/iescacheiras/system/files/Rutas-Paradas_Transporte%20Escolar%202017-2018_web.pdf

Tedes máis información na páxina web do instituto;

http://www.edu.xunta.gal/centros/iescacheiras/

Saúdos.

A Xunta directiva. 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s