Solicitud libros setembro

Destinatari@s: familias con alumnado que non solicitou libros en xuño por ter materias pendentes para setembro
Agora que rematan os exames de setembro desde a Anpa procederase a un novo reparto de libros para as familias con alumnado que que non solicitara libros en xuño por ter materias pendentes para setembro

Como ben sabedes, o Banco de libros da Anpa nútrese das doazóns de libros dos socios e socias, polo tanto, para que funcione é imprescindible que as familias realicen doazóns dos libros de texto e de lectura obrigatorios que xa non van utilizar.

Para poder participar no Banco de libros de setembro, hai que cumprir CATRO REQUISITOS:

1. Ser socio/a da Anpa do IES de Cacheiras.

2. Ter paga a cota do curso 2016-2017.

3. Non ter solicitado libros de texto no mes de xuño.

4. Devolver os libros que se prestaron o ano pasado (sempre que non se necesiten para o próximo curso).

Se cumprimos estes catro requisitos, debemos realizar os seguintes e sinxelos TRÁMITES:

1. Cubrir e enviar o formulario de solicitude de libros que vos enviamos por correo antes do 8 de setembro de 2017 ás 15.00 h (tres da tarde)

2. Devolver os libros que se levaron prestados o ano pasado. A devolución será o xoves, 7 de setembro, das 17.30 h ás 18.30 h no IES de Cacheiras

3. Recoller os libros do próximo curso o luns,11 de setembro, das 17.00 h ás 19.00 h no IES de Cacheiras

En resumo, se sodes socios/as da Anpa, tedes pagada a cota e non solicitastes libros de texto en xuño por ter materias pendentes para setembro, para participar no banco de libros lembrade este cadro:

ENVÍO FORMULARIO DE SOLICITUDE
antes 8 de setembro de 2017 ás 15.00 h

ENTREGAR OS LIBROS QUE TEDES PRESTADOS DA ANPA
xoves, 7 de setembro, das 17.30 h ás 18.30 h no IES de Cacheiras

RECOLLER OS LIBROS DISPOÑIBLES PARA ESTE CURSO
luns, 11 de setembro, das 18.00 h ás 19.00 h, no IES de Cacheiras.

Saúdos.
A xunta directiva.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s