Banco de libros

A fin do curso está xa moi próxima e desde a directiva da Anpa estamos xa traballando no Banco de libros, para intentar que desta iniciativa se poida beneficiar o maior número de familias posible.

A colaboración dos socios e socias é imprescindible, por iso facemos un chamamento para que, sempre que se poida, se doen á ANPA os libros de texto e de lectura que xa non precisedes e que non procedan do banco de libros da Xunta.

Para poder participar, hai que cumprir TRES REQUISITOS:

1.Ser socio/a da Anpa do IES de Cacheiras.

2. Ter paga a cota do curso 2016-2017 antes do 20 de xuño (é importante revisar se temos pagado ou non, para non levar sorpresas desagradables)
Importe da cota: 15 euros por familia e curso. 
Nº de conta/IBAN  ES66-2080-0719-0730-4000-0305 de  Abanca.
No concepto poñede o voso nome e o dos/as nenos/as

3. Devolver os libros que se prestaron o ano pasado (sempre que non se necesiten para o próximo curso).

Se cumprimos estes tres requisitos, temos que realizar os seguintes e sinxelos TRÁMITES:

1. Devolver o formulario de solicitude de libros antes do 29 de xuño  ás 15:00 (recibirédelo no voso correo antes da entrega das notas do día 28 e nel teredes que marcar os libros que precisades para o curso que vén)

2. Devolver os libros que se levaron prestados o ano pasado. A devolución será o xoves,29 de xuño, das 17.00 h ás 19.00 h no IES de Cacheiras

3. Recoller os libros do próximo curso o martes  4 de xullo, das 17.00 h ás 19.00 h no IES de Cacheiras.

En resumo, para participar no banco de libros lembrade este cadriño:

Data tope para ter pagado a cota do curso 2016-17: 20 de xuño de 2017

Data tope para enviar cuberto o formulario de solicitude de libros:xoves 29 de xuño ás 15:00 h.

Data de entrega de libros do curso 2016-17: xoves , 29 de xuño das 17.00 h ás 19.00 h

Data de recollida de libros do curso 2017-18: martes 4 de xullo, das 17.00 h ás 19.00 h 
 

NOTA: Para o alumnado de 1º de ESO que sexa novo no instituto o único requisito é facerse socio/a da anpa e pagar a cota antes do 27 de xuño de 2017

Saúdos,

A Xunta directiva

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s