Banco de libros

Achégase a fin do curso e desde a directiva da Anpa estamos xa traballando no Banco de libros para intentar que desta iniciativa se poida beneficiar o maior número de familias posible.

A colaboración dos socios e socias é imprescindible, por iso facemos un chamamento para que, sempre que se poida, se doen á ANPA os libros de texto e de lectura que xa non se vaian utilizar e que non procedan do banco de libros da Xunta.



Para poder participar, hai que cumprirTRES REQUISITOS:

1.Ser socio/a da Anpa do IES de Cacheiras.

2. Ter paga a cota do curso 2016-2017 (é importante revisar se temos pagado ou non, para non levar sorpresas desagradables 😉)

2. Devolver os libros que se prestaron o ano pasado, sempre que non se necesiten para o próximo curso, polo que vos recomendamos que non deixedes para o último día o comprobardes que non se perderon.


Xa vos informaremos do calendario de recollida e reparto de libros que, como sempre, faremos a finais de xuño tras a entrega das notas.


Saúdos

A xunta directiva

Unha resposta a “Banco de libros

  1. HOLA SOY LA MAMA DE ANDREA FUI A RECOJER LOS LIBROS DE TERCERO DE LA ESO Y POR NO HABER RECIBIDO EL FORMULARIO NO LOS TENGO HUBO UN CAMBIO DE CORREO Y NO RECIVI NADA CUANDO PODAIS MANDARME RESPUESTA GRACIAS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s