Modificación da ponderación dalgunhas materias para as probas de accedo á universidade

Informámosvos que a Comisión Interuniversitaria  de Galicia (CIUG), o organismo encargado de darlle forma ás novas probas de acceso á universidade, ten publicado un borrador provisional de ponderación de materias que se pretende entre en vigor  xa neste curso. De aprobarse tal como está, parte do alumnado de bacharelato vaise ver afectado porque algunha das materias que escolleu non lle vai puntuar para o acceso aos estudios universitarios cando antes sí o facía. 

Desde a Xunta directiva imos presentar un escrito solicitando que se revisen os criterios deixando neste curso os vixentes cando se matricularon os nosos fillos e fillas. 

Animámosvos a que secundedes esta iniciativa e que a presentedes canto antes no Ciug (ten a sede na Facultade de dereito) para o que vos xuntamos un modelo de instancia, o borrador de ponderación e o enlace de acceso á paxina da CIUG:
Informámosvos tamén de que estamos pendentes da publicación destas modificacións que se están a facer na Logse para a convocatoria dunhas charlas de orientación destinadas ás familias con alumnado nos cursos superiores. 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s