Folga contra as reválidas o 26 de outubro

A Confederación Galega de ANPAS de Centros Públicos (CONFAPA) súmase á convocatoria da Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia e da Plataforma Estatal por la Escuela Pública para declarar o día 26 de outubro como xornada de loita contra as reválidas. A ANPA IES Cacheiras apoia a convocatoria e decide:

  • Manifestar o seu absoluto rexeitamento ás reválidas impostas e instar á administración educativa á anulación do RD 310 /2016 de 29 de xullo polo que se regulan as mesmas.
  • Apoiar a xornada de folga educativa convocada para esa data polo sector do alumnado (SE) e polo sector de pais e nais (CONFAPA-GALICIA) que promoven un baleirado de aulas en toda Galicia.
  • Convocar a toda a comunidade educativa (pais, nais, alumnado e profesorado) a concentrarse contra a LOMCE e as reválidas o próximo 26 de outubro as 12:00 en Santiago de Compostela.

Para unha lista detallada dos múltiples prexuízos das reválidas se pode consultar este listado elaborado pola CONFAPA: “10 porqués ou razóns para que nais e pais fagamos folga contra as reválidas baleirando as aulas o 26 de outubro”: 10razonsparadicirnonasrevalidas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s