Banco de libros: recordatorio de prazos

Xa enviamos os formularios a todos os socios e socias que están ao día no pago da cota de asociación. Se alguén ainda non o recibíu en ningún dos enderezos que nos facilitou e lle consta ter pagada a cota pode contactar con nós para enviárllelo novamente. Tedes de prazo para o envío do formulario cuberto ata o martes 28 de xuño as 17:00.

Devolucion de libros deste curso pasado.

A devolución dos libros de texto e lectura usados neste curso que non sigades necesitando e teñan validez para o próximo podédela facer no instituto o martes 28 de xuño 17:00 a 19:00.

Lembrade
– Que ainda non sacaron a listaxe oficial de libros para o próximo curso.
– Que, en teoría e salvo problemas coas edicións, non cambian e van seguir tendo validez os dos cursos impares (1º e 3º de ESO e 1º de Bacharelato).
– Que hai algún libro, por exemplo varios de francés, que pode ter validez para dous cursos polo que podedes seguir usándoo, basta con que nos avisedes.

– Que coa implantación da LOMCE prevemos que cambien os dos cursos pares (2º e 4º da ESO e 2º de Bacharelato).

– Que podedes quedar cos libros que necesitedes para os exames de setembro (prevemos volver recoller e repartir libros tras os exames e antes do inicio do curso).

– Que non recollemos libros de primaria.

– Que os libros de lectura que non volvan usarse o próximo curso doaremolos á biblioteca do Instituto.

– Procurade revisar que tedes todos os libros que vos prestamos ou queirades doarnos a maiores, que estean completos (no caso dos libros en varios volumes) e, a poder ser, limpos de anotacións persoais. Procurade entregar os libros no mellor estado posible, pensade en como vos gustaría recibilos.

– Que non xestionamos os libros do Fondo solidario da Xunta, xa vos indicarán no instituto como van ser os prazos.
– Que tentamos facer este traballo o mellor que podemos e sabemos, polo que vos pedimos comprensión no caso de cometermos erros, erros que trataremos de solucionar coma sempre, e paciencia no caso de que teñades que agardar polo turno de serdes atendidos e atendidas.

Recollida dos libros do próximo curso:
A entrega dos libros de texto e lectura  que teñan validez para o próximo podédela facer no instituto o xoves 30 de xuño de 17:00 a 19:00.

Lembrade:
-Que pode vir outra persoa no voso nome en caso de non poderdes acudir.

-Que os lotes xa os teremos feitos con anterioridade segundo as vosas peticións (non van levar máis libros as persoas que cheguen antes).

A xunta Directiva.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s