Banco de libros: requisito e prazos

Achégase a fin do curso e desde a directiva da Anpa estamos xa traballando no Banco de libros, para intentar que desta iniciativa se poida beneficiar o maior número de familias posible.

A colaboración dos socios e socias é imprescindible, por iso facemos un chamamento para que, sempre que se poida, se doen á ANPA os libros de texto e de lectura que xa non se vaian utilizar e que non procedan do banco de libros da Xunta.

Sabemos, ademais, que por mor dos cambios que implicou a LOMCE, o profesorado renovou moitos libros de texto (o ano pasado foi nos cursos impares e este ano será nos pares 2º e 4º da ESO e 2º de Bac) e isto supuxo e suporá que moitos dos manuais que temos no banco de libros non se poidan aproveitar.

Con todo, apesar de todos estes atrancos, seguimos adiante con esta inicativa solidaria.

Para poder participar, hai que cumprir TRES REQUISITOS:

1.Ser socio/a da Anpa do IES de Cacheiras.

2. Ter paga a cota do curso 2015-2016 antes do 10 de xuño (é importante revisar se temos pagado ou non, para non levar sorpresas desagradables).

–       Son 15 euros por familia e curso (as familias que se asociaron a finais do curso pasado por ter alumnos/as só en primeiro de ESO non teñen que volver pagar ata despóis do verán).
–       Nº de conta/IBAN  ES66-2080-0719-0730-4000-0305 de  Abanca.
No concepto poñede o voso nome e o dos/as nenos/as.

3. Devolver os libros que se prestaron o ano pasado (sempre que non se necesiten para o próximo curso).

Se cumprimos estes tres requisitos, temos que realizar os seguintes e sinxelos TRÁMITES:

1. Cubrir e enviar o formulario de solicitude de libros antes do 28 de xuño ás 17.00 h (recibirédelo no voso correo arredor do día 20 de xuño e nel teredes que marcar os libros que precisades para o ano que vén).

2. Devolver os libros que se levaron prestados o ano pasado. A devolución será o martes, 28 de xuño, das 17.00 h ás 19.00 h no IES de Cacheiras

3. Recoller os libros do póximo curso o xoves 30 de xuño, das 17.00 h ás 19.00 h no IES de Cacheiras

En resumo, para participar no banco de libros lembrade este cadriño:

Data tope para ter pagado a cota do curso 2015-16: 10 de xuño de 2016

Data tope para enviar cuberto o formulario de solicitude de libros: martes 28 de xuño, ás 17.00 h

Data de entrega de libros do curso 2015-16: martes, 28 de xuño, das 17.00 h ás 19.00 h

Data de recollida de libros do curso 2016-17: xoves 30 de xuño, das 17.00 h ás 19.00 h

NOTA: Para o futuro alumnado de 1º de ESO con familias que ainda non fosen socias o único requisito é facerse socio/a da anpa e pagar a cota antes do 23 de xuño de 2016

Unha resposta a “Banco de libros: requisito e prazos

  1. Jose Manuel Lopez Garcia - ALIcia Munin Villar

    Hola no e recibido el formulario para los libros

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s