Escola de pais e nais: intelixencia emocional

O xoves día 21 de abril ás 19:30 no Instituto de Cacheiras se inician as sesións do noso proxecto de escola de pais.
Dirixidas a pais e nais, familiares e docentes que se encargan da educación dos menores con elas trátase de ofrecer ferramentas que permitan mellorar os recursos educativos a través de información, formación e reflexión. Buscamos converter o instituto nun lugar de encontro onde, mediante o diálogo e a análise, tentaremos poñer en común diferentes puntos de vista sobre temas de interese educativo, temas que se falan pouco na rúa ou non é habitual que profundemos neles.
A primeira das sesións está dedicada á intelixencia emocional e a súa importancia na adolescencia. Aprender a xestionar as emocións, verbalizalas, é chave para levar unha vida plena e saudable sendo un dos piares do desenvolvemento persoal nun periodo no que os nosos fillos e fillas necesitan da nosa guía en ámbitos como as habilidades sociais, a autoestima,  a responsabilidade.
Contaremos coa presenza de Ana Couto, especialista no tema, e con Rosario Iglesias, do servizo de prevención de drogodepencia e conductas adictivas do concello.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s