Axudas material escolar: curso 2015/2016

Se abre o prazo para solicitar as axudas para material escolar no curso 2015/2016. Toda a información: http://www.edu.xunta.es/web/node/15357


 

1. Axudas material escolar: requisitos

a) Ser pai, nai, titor ou titora do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.

b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

2. Axudas material escolar: Lugar e prazo de presentación solicitudes

Lugar de presentación

As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado/a o/a alumno/a, ou en calquera dos lugares e rexis­tros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.es

Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que, se a persoa solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles.

As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.

Prazo de presentación

O prazo de presentación de instancias é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s