Libros de texto para o curso 2015-2016

Informámosvos que este ano recollemos case 1300 libros dos que 900 van volver utilizárse o próximo curso (os outros cambiaron. Como cando fixemos os lotes inda non tiñamos a relación definitiva, incluimos todos os libros que nos entregarades sen ter en conta os cursos onde houbo cambios. 

Agora publicamos a listaxe oficial e as aclaracións sobre a validez dos libros do curso pasado (para ver o enlace á lista debedes premer no nome do curso en azul).

CURSOS NOS QUE SERVEN TODOS OS LIBROS DO ANO PASADO:
2º de ESO

4º ESO
2º de Bacharelato

CURSOS NOS QUE CAMBIARON ALGÚNS LIBROS:
1º de ESO
Cambiaron:
Ciencias Sociais, Xeografía e Hª; Bioloxía e Xeoloxía; Lengua castellana e Portugués.
3º ESO
Cambiaron: Xeografía e Ciencias Sociais, Bioloxía e Xeoloxía, Lengua castellana, Francés e Valores éticos (Ética).
1º de Bacharelato
Cambiaron: Bioloxía e Xeoloxía; Lengua castellana e Latín.

-Nas materias nas que o profesorado decidíu esperar ata setembro para confirmar a validez dos libros, recomendámosvos que, se tedes os deste curso, non compredes os novos.
-Os que levastes cadernos de exercicios valorade se son reutilizables ou non, se están moi escritos e non se poden borrar podedes tiralos (como o caderno de francés non se vende por separado podedes fotocopialo).
-Revisade o estado dos libros que levades, forrádeos e reparádeos se fixera falta.Pedídelle aos vosos fillos e fillas que non escriban con bolígrafo e/ou rotulador nos libros. Insistimos en que canto máis se coiden máis anos se poden reutilizar e todos sairemos beneficiados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s