Datos do banco de libros e reivindicacións

Vense de repartir os libros entre os socios e socias da Anpa que o solicitaran, unha iniciciativa solidaria na que participan case un tercio das familias do alumnado do centro.

Reseñamos os datos do banco:
Recollemos mais de 1300 libros.  
Repartimos case 900 libros en 177 lotes.
Houbo case 400 libros que non puidemos repartir polos cambios debidos á implantación da LOMCE en 1º e 3º da ESO e 1º de Bacharelato o que supón máis dun terzo dos recollidos.
Tras os exames de setembro imos volver activar o banco coas donacións do alumnado que inda ten materias pendentes de aprobar.

Con motivo do reparto convocamos ás familias a concentrarse diante do instituto en protesta pola infradotación de medios, instalacións e profesorado. A convocatoria contou coa asistencia dunhas 150 familias e xa tivo eco nos medios (La Voz de Galicia, El Correo Gallego), como xa tivera o día anterior a convocatoria coas nosas reivindicacións (La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Radio Obradoiro).
Estas son as nosas reivindicacións:
A Xunta directiva da Anpa do IES de Cacheiras quere dar a coñecer a situación de infradotación de recursos materiais e de profesorado que padece este centro e que se agravou cos recortes no ensino dos últimos anos. Unha situación que vai en detrimento da educación que reciben os nosos fillos e fillas.

A dotación de profesorado do noso IES, un centro de 650 alumnos, correspóndese coa dun centro de 300. Dende o curso 2011/2012 o número de profesores/as asignados ao centro reduciuse en 6, mentres que o número de alumnado mantívose sen variación. Isto redunda directamente nunha mingua duns recursos xa claramente insuficientes para atender as necesidades do alumnado en aspectos tan esenciais como a Atención á

Diversidade, cun único profesor de apoio para todo o centro; a imposibilidade de crear os agrupamentos que faciliten unha atención individualizada; a redución de materias optativas que reforcen a adquisición das linguas e mesmo a dificultade para cubrir as gardas.

Á infradotación de profesorado hai que engadirlle a infradotación tecnolóxica cunha rede de ordenadores obsoletos e escasos. O IES de Cacheiras, por non ter, non ten ,nin sequera, ordenador e canón para o profesorado en todas as aulas. Algo esperpéntico na sociedade actual e máis tendo en conta o agravante de que o alumnado que chega ao IES desde os centros de Primaria vén acostumado ao uso constante do ordenador como unha ferramenta de traballo na aula, polo tanto, a entrada no instituto supón para eles e elas unha grave marcha atrás na metodoloxía e nos recursos.

O centro só conta cunha Aula de Informática con 20 postos na que non
colle nin sequera todo o alumnado dunha clase e posúe unha única aula TIC de 25 postos para os 650 alumnos.

No centro temos unha biblioteca dun tamaño claramente
insuficiente (64m2 para 650 alumnos), a Xefatura Territorial comprometeuse a ampliala, pero un ano despois segue sen adxudicarse a obra.

Exiximos a mellora de todos os recursos humanos e materiais do IES para que os nosos fillos e fillas poidan ter un ensino público coas mínimas condicións de calidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s