Banco de libros da ANPA

A ANPA do IES de Cacheiras

Con máis de 150 familias asociadas a Anpa colabora na vida do IES organizando ou colaborando coa dirección e o profesorado na realización de actividades complementarias (obras de teatro, actuacións músicais, festivais, viaxes…). Entre os nosos logros podemos destacar que, traballando en conxunto coa dirección e o concello, temos conseguido regularizar o transporte (axustando os horarios e conseguindo a gratuidade para o alumnado de bacharelato).

A necesidade de mellorar a dotación e as instalacións do centro (ordenadores, biblioteca, laboratorio) e de reforzar a comunicación entre todos os membros da comunidade educativa seguen a facer necesario o noso labor polo que vos pedimos a vosa participación activa.

Banco de libros da ANPA do IES de Cacheiras

A Anpa do IES de Cacheiras ten funcionando no centro un banco de libros para podérmonos beneficiar doando os libros que xa non necesitamos e recibindo a cambio outros usados. Neste ano repartimos máis de 1000 libros de texto e de lectura repartidos en case 160 lotes entre as familias asociadas.

Quen pode doar libros e que libros se poden doar?

Poden participar no proxecto as nais e pais que sexan socios da Anpa (non tedes que volver pagar se xa o fixestes neste curso).

(Podédesvos asociar ingresando 15 euros por familia e ano académico no n.º de conta/IBAN  ES66-2080-0719-0730-4000-0305 de  Abanca facendo constar os nomes do socio/a e do alumno/a e que son de 1º de ESO).

Poderanse doar os libros de texto e de lectura da listaxe que nos proporcione a dirección do centro. Tamén a poderedes consultar na bitácora da Anpa (https://anpaiescacheiras.wordpress.com).

Quen pode recibir libros do banco?

Poden recibir libros as nais e pais que sexan socios da Anpa (no caso das familias novas no centro teñen de prazo ata o día 23 de xuño).

Enviade un correo electrónico ao noso enderezo anpaiescacheiras@gmail.com indicándonos os vosos datos (nome do alumno/a e da nai e do pai, nº de teléfono e correos de contacto), o curso que van cursar e o resgardo de pago e enviarémosvos un formulario para que cubrades a vosa solicitude de libros.

Entrega e recollida de libros

A recollida e o reparto dos libros farase no instituto ao remate do curso, na última semana de xuño e primeira de xullo en data e hora a concretar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s