Aclaracións sobre o Banco de libros da ANPA

Dende a Xunta Directiva da ANPA informámosvos que imos seguir organizando o o banco de libros da Anpa e que non imos participar na organización do “fondo solidario” que quere organizar a Xunta en cada instituto por estar en contra dos principios que o rexen e defender a gratuidade dos libros de texto.
Aproveitamos para lembrarvos que non poderán participar no banco de libros as familias con fillos e fillas no instituto que non estén ao día no pago da cota a día 10 de xuño.

(Podédesvos asociar ingresando 15 euros por familia e ano académico no n.º de conta IBAN  ES66-2080-0719-0730-4000-0305 de  Abanca facendo constar os nomes do socio/a e do alumno/a).

Informámosvos que, diante da inseguridade provocada por non terse aprobado o decreto de implantación da Lomce, estamos insistindo no  instituto para que, tal como permite a consellería, se poidan reutilizar os libros deste curso en todas as materias que sexa posible (tamén nos cursos LOMCE). Polo tanto imos recoller tamén os libros de 1º e 3º de ESO e 1º de Bacharelato ao finalizar o curso e repartirémolos igual que fixemos estes anos anteriores.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s