Actividades organizadas ou custeadas pola ANPA

Dende a Xunta directiva informamos das actividades desenvolvidas no noso instituto que foron organizadas ou custeadas pola ANPA no que vai de ano:

  • A representación da obra de teatro en francés “Le malade imaginaire” á que acudíu o alumnado dos cursos superiores da materia e na  que colaboramos pagando os autobuses que transportaron ao alumnado a Santiago
  • O curso-taller de promoción do baile deportivo “Xoga oa baile deportivo” impartido por un profesor de baile coa colaboración do departamento de Educación Física do instituto que rematou esta semana e ao que asistíu o alumnado de primeiro de ESO.
  • A contratación do espectáculo de contacontos en inglés e galego ofrecido polo narrador británico Tim Bowley e a galega Charo Pita ao que asistíu o alumnado  de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º BACH  repartido en cinco sesións. Esta actividade non estaba na nosa programación anual e acordamos realizala como outra vía de axuda na tarefa de aprendizaxe do idioma. Tim Bowley, un gran narrador británico con máis de 20 anos de experiencia que ten percorrido Europa e América enfeitizando ao público coas súas historias, leva traballando con éxito en actividades de narración e animación lectora  con Charo Pita dende o ano 2006 sendo esta unha das súas últimas actuacións.

Informamos tamén que á volta da Semana Santa está prevista a instalación nas dependencias do centro de máis de 70 obxectos que conforman un museo móbil adicado ás ciencias e no que o alumnado pode ver e tocar moitos dos obxectos e aparatos citados nos seus libros.

Saúdos.

A Xunta Directiva.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s