Contacontos en inglés

Hoxe venres, de 9 a 13:30, no IES de Cacheiras vai haber unha actividade de contacontos en inglés, promovida pola nosa ANPA, á que asistirá o alumnado de 3º, 4º ESO e 1º e 2º BACH repartido en cinco sesións como noutra vía de axuda na tarefa de aprendizaxe do idioma.
Contaremos coa presenza de Tim Bowley, un gran narrador británico con máis de 20 anos de experiencia que ten percorrido Europa e América enfeitizando ao público coas súas historias. O seu repertorio abrangue historias de tradición oral de distintas culturas do mundo: lendas do Rei Artur, contos de fadas europeos, historias celtas, relatos dos indios americanos, contos Sufís e de orixe Zen… fiando con elas un tecido irresistible de maxia e comedia. Ademais como escritor ten libros para todas as idades en editoriais como Kalandraka, OQO, Raíces e Palabras del Candil. Neste caso ven formando dúo artístico acompañado pola narradora e tradutora Charo Pita. Ámbolos dous levan traballando con éxito en actividades de narración e animación lectora dende o ano 2006 sendo esta unha das súas últimas actuacións.

http://www.timbowley.com/storyteller/Home.html
http://www.kalandraka.com/es/autores/detalle/ficha/bowley/
http://festivalatlantica.com/speaker-lineup/tim-bowley/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s