Axudas compra libros de texto

Xuntamos os enlaces á páxina web da xunta e á Orde publicada no DOG pola que se convocan as axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2014-14: 

http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140530/AnuncioG0164-220514-0001_gl.html

 

Un resumo do contido da orde  feito por un colaborador da ANPA:

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

(Resumo do DOG do día 30/5/2014. Documento informativo, non ten validez xurídica)

REQUISITOS:

• Ser pai/nai dun alumno/a matriculado na ESO no curso 2014/2015 e que non sexa repetidor.

• Que se teña unha renda per cápita familiar(*

PRAZO DA ENTREGA (na secretaría do centro):

• Do 25 de xuño ó 28 de xullo (ambos incluídos) se se fai a matrícula no prazo ordinario (xuño).

• Do 2 de setembro ó 2 de outubro (ambos incluídos) se se fai a matrícula no prazo extraordinario (setembro).

DOCUMENTACIÓN:

• Impreso de solicitude (1 por cada alumno/a) cuberto e asinado polo pai/nai e por todos os membros da

unidade familiar que obteñan ingresos. O impreso pode collerse no centro, na web ou no propio DOG –

Anexo–.

• Fotocopia compulsada (hai que presentar o orixinal) do libro de familia (de todos os membros da familia).

)

igual ou inferior a 9.000 euros.

o No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar o día 31 de decembro de 2012 non

coincide coa indicada no libro terá que presentarse documento ou documentos —fotocopia e

orixinal— que acrediten os membros da unidade familiar: sentenza de divorcio, certificado de

convivencia, informe dos servizos sociais, etc. [Véxase o DOG]).

o Só se procede: fotocopia compulsada (hai que presentar o orixinal) de documento que acredite que

existía a discapacidade a 31/12/2012 dalgún dos membros da unidade familiar; ou documento que

acredite situación de violencia de xénero no contorno familiar.

CONTÍA DAS AXUDAS (por alumno/a e curso):

• Familias monoparentais (as que teñen un só proxenitor: só nai ou só pai):

• Resto das familias:

-Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 180 €.

-Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 104 €.

-Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 180 €.

-Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 104 €.

____________________________________________________________________________________________________________________________

)CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA FAMILIAR:

(*

• Divídense os ingresos(1)

unidade familiar.

de todos os membros da unidade familiar polo n.º de persoas(2)

o (1) Se se fixo declaración da renda aplicarase a do ano 2012 (é dicir, a realizada e presentada no ano

2013): súmanse as cantidades das casas 455 e 465.

o (2) Conforman a unidade familiar: os pais non separados legalmente (e, se é o caso, o titor ou persoa

encargada da garda e protección do menor) + os fillos menores de idade (con excepción dos

emancipados) + os fillos maiores de idade con discapacidade (física, psíquica ou sensorial ou

incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada), + os fillos

solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar.

Terase en conta a situación familiar e persoal a 31 de decembro de 2012 e computarán por dous os membros

da unidade familiar (pai, nai, alumno e irmáns) que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%

(en data de 31 de decembro de 2012). No caso de alumnado con minusvalía igual ou superior ao 65% ou en

situación de garda pola Xunta o cadro da renda per cápita deixarase en branco.

Para unha información completa e oficial consúltese o DOG.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s