Convocatoria de novas protestas polo horario do transporte

A Xunta Directiva da ANPA do IES de Cacheiras, ao non ter resposta por parte da administración, convoca de novo a todos os pais e nais a unha concentración o martes 20 de Maio a partir das 8:15 diante do instituto como medida de protesta contra a mala organización do transporte escolar ao centro.

 Esiximos que se axusten os horarios do transporte cos da apertura do centro e que se nos comunique a modificación para que o alumnado non quede tirado tanto tempo á entrada e saída das clases.

Quince días despois da nosa primeira protesta pública, parte do alumnado segue a chegar arredor das 8:15 pese a que as clases empezan ás 8:45. Comprobamos que algunha das liñas modificou o seu horario pero, pese a térllela reclamado á Xefatura Territorial e á Inspección, inda non temos confirmación oficial dos cambios polo que os nosos fillos e fillas agora teñen que perder nas paradas parte do tempo que perdían diante do instituto. Ademais parte do alumnado segue tendo que agardar fóra  ao remate das clases ata a volta da primeira viaxe dos seus autobuses. Insistimos en que os martes duplícase o tempo que pasan á intemperie ao teren tamen clase pola tarde.

Asistide, porque só co voso apoio conseguiremos que nos fagan caso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s