Convocatoria ás familias contra o horario do transporte

A Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais do IES de Cacheiras convoca a todos os pais e nais para que se concentren xunto co alumnado á entrada do Instituto o martes 6 de Maio a partir das 8:10 como medida de protesta contra a mala organización do transporte que fai que os nosos fillos e fillas pasen case unha hora diaria á intemperie.

Inda que as clases comezan ás 8,45 media hora antes chegan ao instituto os primeiros cen alumnos transportados que deben agardar ao aire libre 25 minutos ata a apertura do centro. Sobre as 8,20 xa chegaron arredor de 350 alumnos e ás 8,30 case todo o alumnado transportado (arredor de 600 alumnos).

Este inverno e ata o mes de marzo, tras a solicitude da ANPA, un acordo do profesorado permitíu que os alumnos poidesen entrar no centro para gorecerse. A partir desa data, pese ás inclemencias meteorolóxicas, o alumnado debe permanecer no exterior do instituto a esa hora da mañá e ao remate das clases mentres agardan pola saída dos autobuses.

A Asociación de Nais e Pais do IES de Cacheiras, ante a falta de resposta por parte da administración (Inspección e Xefatura Territorial de Educación), quere facer público o problema que están a padecer os nosos fillos e oponse a que o alumnado quede tirado tanto tempo á entrada e saída das clases.

Esiximos que se axusten os horarios do transporte cos da apertura do centro e co inicio das clases para que o alumnado do IES de Cacheiras non pase fóra unha hora ao día, case dúas os martes porque ao teren clase pola mañá e pola tarde duplícase a espera.

Asistide porque só co voso apoio conseguiremos que nos fagan caso.

Unha resposta a “Convocatoria ás familias contra o horario do transporte

  1. Así é como a Xunta cumpre coa legalidade… Iso é ilegal. O transporte non pode chegar con máis de 10′ minutos de antelación. E o alumnado ten que estar ademais custodiado en todo momento, para iso se impuxo a figura do profesorado de garda de transporte neses 10′. O curioso é que esta lexislación é da propia Xunta, que moita propaganda populista e presumir, pero logo é a primeira en saltala descaradamente por intereses ocultos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s