Xornada de Folga

A totalidade da comunidade educativa convocou unha  xornada de folga no ensino para o vindeiro día 24 (o próximo xoves) para, novamente, rexeitar a LOMCE.

A directiva da Anpa “San Simón” do IES de Cacheiras comparte os argumentos e razóns expresadas para realizar a convocatoria e aproveitamos para expresar o noso rexeitamento aos ataques e recortes que está a padecer o ensino público:

Porque o investimento destinado a educación diminuíu máis dun terzo nos últimos anos.

-Porque despediu a miles de profesores e profesoras e masificou as aulas.

-Porque subiu brutalmente as taxas universitarias e recortou as bolsas e axudas ao estudo.

-Porque está a desmontar a educación pública  eliminando a igualdade de oportunidades no acceso ao dereito á educación.

-Porque quere implantar unha reforma á marxe da comunidade educativa.

-Porque aposta pola escola privada e concertada en detrimento da pública.

 Esperamos sexa seguida por todos os sectores da Comunidade Educativa e, en especial, polas familias; xa que son os nosos fillos e fillas os que se benefician ou perxudican do sistema educativo.

Propoñemos a todas as nais e pais a que participedes na folga e que non enviedes aos vosos fillos e fillas ás clases o xoves 24.

Convocámosvos tamén para que, se podedes,  participedes na manifestación que se celebrará ás 12:00 h. en Santiago; debemos sair á rúa e expresar democráticamente o noso descontento.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s