Curso 2013-14

Dende a Xunta Directiva da Anpa do IES de Cacheiras dámosvos a benvida a un novo curso escolar no que, coa vosa colaboración, seguiremos traballando na procura dunha mellora do funcionamento do centro e, en definitiva, na defensa dunha educación pública de calidade.

Entre o traballo da Asociación neste último curso destacamos o afianzamento do Banco de libros usados, a organización de actividades extraescolares propias e a colaboración nas organizadas polo centro e colaborando activamente coa dirección do Instituto en todo aquelo que mellore a vida escolar (por exemplo na regularización do transporte).

Lembrámosvos que, salvo as familias que xa o fixeron no verán por ter alumnos en 1º da ESO, podedes facer o ingreso da cota anual, 15 euros por familia, no nº de conta 2080-0719-07-3040000305 de Novagalicia Banco (Caixa Galicia) facendo constar no concepto os nomes do alumno/a e do pai/nai (Non poñades “cota socio” no concepto porque logo non podemos ler o voso nome no extracto do banco).

Podedes contactar connosco no correo electrónico anpaiescacheiras@gmail.com

 

A Anpa do IES de Cacheiras colabora co Banco de Alimentos Municipal e dende a xunta directiva agradecemos as aportacións que poidas deixar na caixa disposta na entrada do instituto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s