Folga de estudiantes

Diante da convocatoria de folga polo Sindicato de Estudiantes a directiva da Anpa “San Simón” do IES de Cacheiras comparte os argumentos e razóns expresadas para realizar a convocatoria e aproveitamos para expresar o noso rexeitamento aos ataques e recortes que está a padecer o ensino público.

Para nós é unha necesidade publicitar o noso apoio a esta convocatoria, reivindicar xunto coa nosa xuventude a petición de retirada dese proxecto de lei e traballar para que a protesta da sociedade sexa, como así está sendo, cada vez máis ampla e rotunda.

E tamén queremos dicir que estudantes, familias e profesorado somos só unha parte da reivindicación educativa, porque a educación atinxe a toda a sociedade e porque dunha educación pública de calidade, inclusiva e igualitaria, sairá o futuro que queremos ter: unha sociedade máis xusta, máis equilibrada, consciente e capaz.

Dende a directiva da Anpa animamos ás familias a colaborar nas protestas previstas para o mércores 6 e o xoves 7 de febreiro.

 

Unha resposta a “Folga de estudiantes

  1. apoio totalmente a folga, pero unha vez máis, despois da folga do 24 de outubro, vexo outro intento de coacción para que os estudantes non asistan á folga, cando hai profesorado que non cambia os exámes que tiñan programados para ese día. o consello escolar debería tomar cartas no asunto. xa está ben que sigan intentando mermar os nosos dereitos.
    ánimo e parabens!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s