FOLGA 18 DE OUTUBRO

A directiva da Anpa “San Simón” do IES de Cacheiras secunda a iniciativa de CEAPA de sumarse ás protestas  convocadas polo Sindicato de Estudantes para convertila nunha actuación conxunta do alumnado e as familias.

  Consideramos  que a gravísima situación actual demanda unha resposta contundente do alumnado e as súas familias. Estamos ante un ataque sen precedentes aos dereitos do alumnado e das familias con salvaxes recortes na educación pública que, no contexto actual, vense agravados pola coincidencia con outras medidas igualmente inaceptables.

  Alumnos e pais estamos soportando recortes en todas as partidas, que non fan outra cousa que castigar as xa maltreitas economías familiares, abocando ao abandono educativo a moitos rapaces e rapazas por cuestións económicas. É intolerable e debemos cambiar radicalmente as medidas que se están a tomar.

-Non aceptamos un novo cambio de Lei educativa.

-Non aceptamos o desmantelamento da educación pública para beneficio exclusivo da iniciativa privada.

-Non aceptamos que se eliminen todo tipo de axudas ao alumnado e ás familias, se incrementen as cotas e as taxas incumplindo o mandato constitucional da gratuidade do ensino e o dereito de acceso en igualdade de condicións.

-Non aceptamos que os irresponsables políticos que nos gobernan sigan a insultar ao profesorado que ensina aos nosos fillos e fillas.

   Chegou o momento de dar unha mensaxe clara sobre que as cousas teñen chegado a un punto onde nunca tiveron que facelo. Non estamos dispostos a que sigan por ese camiño.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s