BANCO DE LIBROS DA ANPA DO IES DE CACHEIRAS

Como lles viñemos informando neste blog  ao longo do curso escolar, a Asociación de Nais e Pais “San Simón” do IES de Cacheiras, coa colaboración do centro, puxo en marcha  un banco de libros usados para reutilizar o material en bo estado que deixan os nosos/as fillos/as e do que nos poderiamos beneficiar todas as persoas asociadas á ANPA.
Comunicámoslles as datas que establecemos para  a entrega  e para o reparto dos libros:
  • DATA DE ENTREGA DOS LIBROS AO BANCO: Luns 2 de xullo no Instituto entre 17:00 e 20:00.
  • DATA DE REPARTO DOS LIBROS PARA O CURSO 2012-2013:  Xoves 5 de xullo no Instituto entre 17:00 e 20:00.

Presentámoslles  a continuación a relación completa dos libros para o curso 2012-13 e a lista definitiva de libros reutilizables. As variacións que se produciron con respecto á anterior listaxe son alleas  á ANPA e débense a cambios de última hora dos departamentos.

Pedimoslles que o día de entrega de libros  traian só os libros incluídos na lista definitiva de libros reutilizables nunha bolsa identificada co nome do alumno/a  para facilitarnos a súa ordenación e clasificación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s