POR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE

A directiva da Anpa “San Simón” do IES de Cacheiras maniféstase  en contra da aplicación do Real Decreto-Lei 14/2012 de medidas urxentes no ámbito educativo e súmase  ás protestas convocadas en contra do citado decreto no convencemento de que a educación é un servizo público que debe garantir a igualdade de oportunidades e porque se pretende aforrar a base de:

· Aumentar o de número de alumnos por aula: As consecuencias son a imposibilidade dunha atención individualizada e dunha adecuada atención á diversidade.
· Aumentar o horario lectivo semanal ao profesorado. Como consecuencia: impartición de materias nas que non se é especialista, menor horario para realizar funcións inherentes á docencia, como son as titorías, coordinación dos departamentos, preparación das clases…
· Non substituir o profesorado durante as primeiras dúas semanas de baixa: o alumnado será custodiado por un docente distinto cada hora, pero non poderá seguir a programación ordinaria.
· Atraso na implantación dos ciclos de 2.000 horas de FP. Os novos títulos non se ofertarán o vindeiro curso.
· Reducir do investimento no ensino superior: vai supor o incremento de taxas universitarias e unha restrición na política de bolsas. E unha medida ligada a unha concepción elitista da Universidade e encamiñada á privatización do ensino universitario.

Estas medidas en educación suporán un deterioro da calidade do ensino sen ter en conta que a educación é unha inversión para o futuro e que é imprescindible para sair da crise un maior  investimento na formación e educación dos nosos fillos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s